Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Cultura Galega presenta Ágora, colección de podcast das súas conferencias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Cultura Galega presenta Ágora, colección de podcast das súas conferencias

S. P.
Publicado: 16/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ccg_ds_agora_2025.jpgÁgora é o novo proxecto tecnolóxico-cultural do Consello da Cultura Galega: un acubillo dixital en formato podcast coas conferencias pronunciada por diferentes personalidades na institución. William Shea, Michel Maffesoli, Xosé M. Núñez Seixas, Darío Villanueva, Isabel Burdiel, Justo Beramendi, Jorge Mira, Henar Gallego, Ramón Villares, entre outros especialistas se poden atopar neste proxecto que tamén inclúe as ficcións La lindona de Galicia e A Camisa.
Organizados nunha ducia de categorías, preséntanse contidos propios do CCG adaptados e preparados para un formato de contido en podcast para “incrementar a oferta de contidos en galego e de calidade, en consonancia co que están a facer outras entidades culturais europeas”, sinalou a entidade, engadindo que a previsión é “ir actualizando por bloques que se nutren das actividades da institución pero incorporarando tamén produción propia”.
ivoox_ccg.jpg Ademais da páxina web corporativa, os podcast iran dispoñibilizando nas plataformas Spotify e iVoox.
En palabras do CCG, a escolma presenta “unha ampla variedade temática que abrangue distintas épocas”. Nela pódese escoitar desde especialistas que falan do papel das mulleres na Hispania Antiga, a relación entre Galicia a división azul, o contexto históricos no que se creou o Seminario de Estudos Galegos; ou mesmo un percorrido pola interpretación do tempo ao longo da historia e como se acadaron solucións para igualar as medidas de referencia temporal.
Participan varios premios nacionais como Justo Beramendi, Xosé M. Núñez Seixas e Ramón Villares, entre outros; catedráticos como Jorge Mira, ou Fernando Bouza xunto cunha morea de investigadores das tres universidades galegas e dos centros de investigación do país. Tamén se inclúen figuras recoñecidas como Isabel Burdiel, Darío Villanueva, César Herreo, William Shea ou Michel Maffesoli.
ccg_a_camisa_spotify.jpg No marco de Ágora, tamén se dispoñibilizan dous podcast de ficción elaborados pola institución. Un deles é A Camisa, un podcast de 5 episodios, elaborado por A Quinta do Cuadrante que adapta a peza dramática homónima escrita por Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras, 1922-Madrid, 1994) na que retrata o dama da emigración na pel dunha familia que se traslada a Madrid coa esperanza dun mundo mellor.
A outra ficción é A Lindona de Galicia, podcast que ficciona en cinco episodios unha peza teatral escrita nas primeiras décadas do século XVII polo autor murciano Andrés de Claramonte e que foi moi representada durante dous séculos e que conta unha historia de enredo entre Lindona e o rei García, coa perda do reino de Galicia como pano de fondo. A adaptación en formato podcast desta peza foi dirixida por Tito Asorey, quen tamén a protagoniza xunto con Melania Cruz, Sergio Zearreta e Josito Porto.
Tamén se inclúe a recreación de Alba de Gloria, discurso que o escritor rianxeiro Castelao pronunciou o 25 de xullo de 1948 no Teatro Arxentino, como colofón das Xornadas Galegas que organizara o Centro Galego de Bos Aires, causando un forte impacto na audiencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?