Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ciclo Saúde mental en Galicia fai un chamamento por un uso responsable e consciente das redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ciclo Saúde mental en Galicia fai un chamamento por un uso responsable e consciente das redes sociais

S. P.
Publicado: 16/06/2025
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

250616_sanidade_xornadas_03av.jpgEste luns 16 de xuño celebrouse en Santiago (no Hotel Eurostars Araguaney) a primeira xornada da 2ª edición do ciclo de conferencias Saúde mental en Galicia, adicado á temática das redes sociais, mocidade e saúde mental e organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas co apoio da Consellería de Sanidade.
A cita foi inaugurada polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; o presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez; e a subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental do SERGAS, Almudena Díaz Pereira.
Na súa intervención Gómez Caamaño avanzou que o próximo Plan de saúde mental da Xunta priorizará a atención ao benestar emocional da poboación infanto-xuvenil. Tamén salientou que “Galicia conta co dobre de psiquiatras, psicólogos clínicos e enfermeiros especialistas contratados que en 2009” e que “na recente convocatoria de formación sanitaria especializada ofértanse 58 novas prazas formativas relacionadas coa saúde mental entre psiquiatría, psiquiatría infantil, psicoloxía clínica e enfermería especializada”.
Na xornada abordouse a relación existente entre as redes sociais, a mocidade e a súa saúde mental, unha temática que, segundo indicou o conselleiro, “precisa dunha reflexión polo miúdo para poder acompañar aos mozos e mozas galegas no seu uso responsable, consciente e equilibrado”. Neste senso, Caamaño apuntou que “os datos que derivan do binomio mocidade-redes sociais son preocupantes pois, o 74 % das rapazas menores de 21 anos afirman sentirse afectadas pola presión estética nas redes; preto do 45 % do alumnado recoñece perder tempo de estudo polas redes sociais, e un de cada cinco mozos e mozas cre que estas plataformas causan máis prexuízos ca beneficios”.
Uso responsable e crítico das redes sociais
250616_sanidade_xornadas_01av.jpg O obxectivo desta primeira xornada foi sensibilizar sobre o uso responsable e crítico das redes sociais e ofrecer estratexias para que mozos e mozas aproveiten as vantaxes das novas tecnoloxías “de maneira equilibrada e saudable”, fomentando un desenvolvemento persoal e académico que non se vexa afectado pola presión e os riscos asociados ao seu uso.
Para analizar estas cuestións incluíuse no programa unha mesa redonda moderada pola psiquiatra infantil e coordinadora da Unidade de Saúde Mental Infanto Xuvenil do Hospital Materno da Coruña, Laura Vigo. Interveu nela Francisco Ferre, xefe de servizo de Psiquiatría do Hospital Gregorio Marañón e creador do grupo AdCom, Centro Integral de Prevención e Investigación en Adicciones Comportamentales, o primeiro centro de España destas características para a prevención de adicións causadas polo xogo, os videoxogos, o sexo, as compras compulsivas ou as redes sociais.
Tamén falou o doutor en Medicina Molecular e Xenética, biólogo, psicólogo e divulgador científico Julio Rodríguez, que actualmente traballa na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica en Santiago. Achegou o seu coñecemento sobre saúde mental e psicoloxía través do seu blog e as súas contas de Instagram e X, La bitácora Beagle, con máis de 40.000 seguidores.
Ademais, interveu no ciclo Fernando Rodríguez de la Torre, diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade da Coruña, técnico especialista en Márketing, posgraduado en Comunicación Empresarial, profesor na Universidade de Santiago e impulsor o Pacto de Familias en Santiago para atrasar o uso do móbil en menores.
Francisco Ferre explicou que a adición a redes sociais na mocidade é a máis difícil de diagnosticar porque o seu uso forma parte da súa forma de estar no mundo e de relacionarse. Segundo apunta, no centro AdCom de Madrid, que el mesmo dirixe, detectan estes problemas cando os rapaces chegan con outras adicións, como os videoxogos. “Experiencias como o scrolling de pantallas, así como o feito de que os algoritmos das redes sociais alimenten de forma inmediata e constante a curiosidade do usuario, condicionan que chegue un momento en que os rapaces usuarios empreguen unha cantidade de tempo excesiva que altera o seu nivel de funcionamento”, comenta.
ii_ciclo_saude_mental_1_.jpgPara entender cando se supera a liña vermella, Francisco Ferre sinala que hai que fixarse en tres ámbitos: escolar, familiar e social. Explica que hai que actuar cando o rendemento escolar mingua polo abuso das redes sociais que rouba tempo ao adolescente para estudar, ou mesmo chega tarde ou adormecido a clase porque estivo coa pantalla ata altas horas da madrugada. A nivel familiar, indica que o illamento é progresivo e practicamente reduce a interacción ao imprescindibel. E a nivel social, argumenta que o uso problemático das RRSS supón unha restrición de outras actividades de ocio, culturais e deportivas claves no desenvolvemento cognitivo e emocional dun adolescente que se ven cernadas polo tempo que pasan ante as pantallas.
Na súa opinión, non hai forma de medir que rede social é máis aditiva, diferenciando entre redes de contemplación e exhibición, como son Tik Tok e Instagram. Nestas redes, explica que o que se fai é ver o que fan os demais ou crear contidos para que se contemple o que un ou unha quere exhibir.
En canto ás redes de mensaxería, destaca que estas xeran nalgunhas persoas a necesidade compulsiva de estar comprobando a chegada de mensaxes, polo que verse privados do teléfono móbil asegura que lles pode supor un malestar psicolóxico desproporcionado.
O especialista explica que a adición cursa primeiro cun abuso do tempo de uso, unha necesidade cada vez maior de satisfacer o desexo de ver redes sociais e, despois, prodúcese a abstinencia e, finalmente, “a adicción queda plenamente na persoa que, a pesar de ser consciente do que lle está a supor estar conectada, non o pode evitar e fracasa nas súas tentativas de reducir o tempo empregado”.
Para axudar aos máis novos a combater esta adición, Ferre indica que basicamente o máis efectivo é restrinxir os horarios, establecendo un horario de uso ríxido e proporcionándolles actividades alternativas estimulantes. Así, o experto explica que a prevención no centro AdCom faise con dispositivos que traballan en rede, dependentes do Concello e dos servizos sociais de Madrid, onde se imparten obradoiros de psicoeducación para os máis novos e os seus pais e foméntase a actividade de ocio presencial fronte á vida online.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?