Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Babel, elixida por AMTEGA para reforzar a ciberseguridade das administracións galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Babel, elixida por AMTEGA para reforzar a ciberseguridade das administracións galegas

S. P.
Publicado: 17/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Juan Cornago, director de Ciberseguridade de Babel
Juan Cornago, director de Ciberseguridade de Babel
Babel, multinacional tecnolóxica española especializada en solucións de transformación dixital, anunciou a adxudicación por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) dun acordo marco orientado a proporcionar servizos de consultoría e apoio na adecuación normativa, orientado a reforzar a ciberseguridade das administracións públicas e de órganos estatutarios de Galicia.
O acordo, que terá unha duración de 2 anos prorrogables e un importe de 4.312.440 €, ten a vocación de estenderse, a través de contratos derivados, a todos os departamentos da Administración Xeral de Galicia, así como con concellos galegos, as catro deputacións provinciais e universidades da comunidade.
Babel subministra presencialmente e a distancia, mediante un equipo de profesionais con ampla experiencia e alto grao de certificación, un servizo de apoio á adecuación normativa para a mellora da seguridade nos distintos ámbitos normativos existentes: en materia de seguridade da información, en particular, nos ámbitos do Esquema Nacional de Seguridade (ENS), do Regulamento Xeral de Protección de Datos e da Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, así como de NIS2 e o seu trasposición á lexislación española e outras normativas de seguridade aplicables ás administracións públicas.
“Esta adxudicación representa un recoñecemento á nosa experiencia e capacidade para levar a cabo proxectos de consultoría en ciberseguridade de gran envergadura e a firme aposta da compañía por Galicia e polo desenvolvemento de Babel na comunidade galega como parte do noso crecemento na rexión”, afirmou Juan Francisco Cornago, director de Ciberseguridade de Babel.
En Galicia, Babel centrou a súa estratexia en xerar impacto positivo a través da colaboración con entidades públicas e privadas e este contrato representa, en palabras da empresa española, “o maior proxecto de cumprimento normativo de ciberseguridade da tecnolóxica na comunidade galega”. A compañía engade que un dos seus valores diferenciais clave é o seu “compromiso co talento local” e a súa “aposta por impulsar as súas capacidades nas rexións nas que opera”. Actualmente dispón de 30 profesionais na nosa Comunidade, cifra que “está a aumentar de maneira considerable a medida que incrementamos o volume de negocio, incorporando perfís especializados en tecnoloxías exponenciais”, explican dende Babel.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?