Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado de catro centros educativos ourensáns recibe os carnés de ciberexpert@s
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado de catro centros educativos ourensáns recibe os carnés de ciberexpert@s

S. P.
Publicado: 18/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ciberexpertos_ourense_eladio_santos.jpgEste martes 17 de xuño o subdelegado do Gobierno en Ourense, Eladio Santos, fixo entrega dos carnés de ciberexpert@s ao alumnado de sexto de primaria CEIP Plurilingüe Seixalbo, CEIP As Mercedes, CPR A Purísima e CPR Maristas Santa María, todos eles pertencentes á cidade das Burgas. Os distintivos, incluídos no Plan Director do Goberno, proban que os e as escolares atenderon os consellos facilitados pola Policía Nacional para navegar de forma segura na Rede.
Santos instou a fomentar “a conciencia dixital” entre nenos e mozos mediante iniciativas como a dos carnés ciberexpert@s. “Vivimos nunha era na que a tecnoloxía está nas nosas mans desde idades moi temperás, pero sabemos que Internet ten moito riscos e temos que estar preparados e preparadas para enfrontalos. Por iso son tan importantes programas como este”, destacou.
O alumnado foi acreditado co carné ciberexpert@ tras superar os cursos de ciberseguridade incluídos no Plan Director e impartidos pola Policía Nacional para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos. “O Goberno de España está comprometido coa protección da infancia e a adolescencia na contorna dixital, polo que é fundamental seguir apostando por iniciativas que eduquen e sensibilicen neste ámbito”, subliñou Eladio Santos, que felicitou aos centros educativos e á Policía Nacional, encargada de impartir as charlas e facer as actividades do Plan Director na cidade de Ourense. Tamén se dirixiu ao alumnado para aplaudir a súa implicación na iniciativa. “Agora sodes embaixadores do uso responsable das novas tecnoloxías e estou seguro de que saberedes poñer en práctica todo o aprendido”, sinalou.
Programa ciberexpert@s
Este programa inclúese dentro do Plan Director, unha iniciativa do Ministerio do Interior que busca previr calquera risco que afecte a seguridade e ao benestar dos e das menores, tanto na escola como na súa contorna. O programa contén diversas actividades nas que os alumnos e alumnas aprenden a navegar dunha forma segura nas redes sociais. A Policía Nacional encárgase de formalos nos ámbitos do ciberacoso, o grooming, a suplantación de identidade ou as adiccións, entre outros.
Ademais, as actividades tamén van dirixidas á súa contorna familiar, facilitando aos titores ferramentas para facer un uso responsable das redes sociais e unha navegación segura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?