Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense debulla ante os concellos os seus servizos para faceren fronte aos ciberataques
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense debulla ante os concellos os seus servizos para faceren fronte aos ciberataques

S. P.
Publicado: 18/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_de_ourense_foto_presentacion_proxecto_ciberseguridade.jpgOs concellos ourensáns disporán dun servizo gratuíto para garantir a seguridade das súas instalacións e documentos dixitais grazas á adhesión da Deputación de Ourense ao Centro de Operacións de Ciberseguridade para as Entidades Locais (COCS_EELL). O director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Marcos Valiño, xunto cos responsables da empresa adxudicataria do programa, explicaron aos representantes municipais, nun encontro no Centro Cultural Marcos Valcárcel, a necesidade do proxecto, o seu alcance e obxectivos que se pretenden alcanzar.
“Nun mundo cada vez máis dixital”, destacou Marcos Valiño, “a Deputación de Ourense foi quen de captar os recursos e o financiamento necesarios para proporcionar todo tipo de servizos de ciberseguridade aos concellos da provincia de forma gratuíta e durante 5 anos”.
Os recursos que se ofrecen e que serán xestionados pola Deputación xiran en torno a cinco eixos fundamentais: prevención, protección, detección, resposta e asesoría. Desta forma, explicou Valiño, “facilitaranse aos concellos ferramentas e equipamentos que posibilitarán a prevención e detección temperá de incidentes, así como servizos de resposta inmediata e xestión de crises ante calquera incidente de ciberseguridade”.
Valiño reiterou que o proxecto que se inicia esta tempada proporcionará aos concellos ourensáns, en termos de seguridade cibernética, “apoio especializado a través dos técnicos do citado departamento en liña coas últimas tecnoloxías, así como asesoría e asistencia técnica para implantar estes servizos e evitar ciberataques de difícil reparación”. Amais, dotarase ás administracións locais de análises previas da situación actual de cada concello, co fin de valorar as necesidades particulares e definir as necesidades reais para cada caso.
Este proxecto, enmarcado na política de asistencia permanente aos concellos, reafirma a intención da Deputación de Ourense de “buscar financiamento e recursos que permitan asistir e axudar ás entidades locais en ámbitos de difícil aplicación e xestión como a ciberseguridade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?