Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: José Campos e Valentín García entregan os premios da 3ª edición de Nós tamén creamos!
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

José Campos e Valentín García entregan os premios da 3ª edición de Nós tamén creamos!

S. P.
Publicado: 18/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250618_cultura_prmiosnostmencreamos_mac-13.jpgO conselleiro de Cultura, José López Campos, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, presidiron este mércores 18 de xuño a entrega dos premios ás mellores curtametraxes de animación do concurso Nós tamén creamos! 2024-2025. A gala desenvolveuse no Centro Galego de Arte Contemporánea e alí, Campos e García loaron o valor do audiovisual como “unha ferramenta con grandes posibilidades para potenciar a creatividade, e en galego, entre os escolares da Comunidade”.
Na cita, na que participou tamén a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, o conselleiro gabou a “gran calidade” dos proxectos presentados na décima terceira edición de Nós tamén creamos!, impulsada novamente pola Secretaría Xeral e na que participaron 29 centros de educación Primaria de toda Galicia, que presentaron un total de 35 curtametraxes.
250618_cultura_prmiosnostmencreamos_mac-03.jpg O concurso volveu contar coa colaboración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQO editora, xa que a rapazada de entre 3 e 11 anos realiza adaptacións audiovisuais coa técnica de stop-motion dos seus álbums ilustrados.
En total, nesta edición de Nós tamén creamos! galardoáronse seis centros educativos de Primaria xa que, en dúas das catro categorías existentes, a calidade dos traballos presentados propiciou que se lles concedesen accésits.
Deste xeito, o primeiro galardón da categoría de 2º ciclo de educación Infantil foi para o proxecto Árbores no camiño, do colexio Xesús Golmar, de Lalín (Pontevedra) e déuselle un accésit a O avó de Zulaimar, do Xosé Manuel Folla Respino, de Vilamartín de Valdeorras (Ourense).
250618_cultura_prmiosnostmencreamos_mac-05.jpg O premio para 1º e 2º de educación Primaria foi parar ao audiovisual Valentina, do centro Alfonso Rodríguez Castelao, de Vigo (Pontevedra). Nesta categoría, tamén se decidiu entregar un accésit ao audiovisual Coas mans baleiras, do colexio da Espiñeira-Aldán, de Cangas (Pontevedra).
Na categoría de 3º e 4º de educación Primaria, o primeiro premio recaeu en Navega, caracol, da escola Emilia Pardo Bazán, na Coruña, mentres que o máximo premio na distinción de 5º e 6ª de Primaria foi para o colexio Santo André de Xeve, en Pontevedra, pola adaptación a curtametraxe do album ilustrado O avó Zulaimar.


Curtas premiadas

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?