Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A SETT destina 19,5 millóns a medios de comunicación para dixitalización e linguas cooficiais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A SETT destina 19,5 millóns a medios de comunicación para dixitalización e linguas cooficiais

S. P.
Publicado: 18/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dixitalizacion_linguas_cooficiais.jpgA Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica, Entidade Pública Empresarial, SETT, adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e de Función Pública, anunciou o lanzamento vindeiro de axudas por valor de 19,5 millóns de euros. Estes fondos irán destinados a medios de comunicación españois que queiran desenvolver proxectos de dixitalización e linguas cooficiais.
Este programa é un dos seis aprobados en Consello de Ministros, o pasado 10 de decembro de 2024 para que a prensa incorpore tecnoloxías dixitais punteiras e máis recursos en ciberseguridade.
A iniciativa inscríbese no PERTE Nova Economía da Lingua: Información en español e linguas cooficiais que ten por obxecto “promover o potencial económico do español e das linguas cooficiais impulsando a internacionalización, difusión e expansión do sector dos medios de comunicación nas devanditas linguas”.
O PERTE Nova Economía da Lingua está financiado polos fondos europeos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O obxectivo consiste en “apoiar as empresas españolas que interveñan na contorna da medios comunicación nos seus proxectos de transformación dixital e difusión de contidos, así como na adopción de novas ferramentas tecnolóxicas para a xestión e tratamento de contidos en español e linguas cooficiais”.
En datas vindeiras, a SETT dará a coñecer a convocatoria destas axudas a través das súas canles habituais: páxina web e redes sociais, así como polos leitos de difusión da Administración Pública.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?