Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Diego Andrade (CITIC) fala no MUNCYT sobre a computación cuántica como aliada para coidar o planeta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Diego Andrade (CITIC) fala no MUNCYT sobre a computación cuántica como aliada para coidar o planeta

S. P.
Publicado: 19/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cartel-charla-muncyt-diego-andrade-1024x576.jpgO Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña organiza ás 19.00 horas a charla Os cúbits salvarán o planeta: breves apuntamentos sobre a revolución da computación cuántica, a cargo de Diego Andrade, investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña. A actividade, con entrada libre ata completar aforo, tamén poderá seguirse en directo na canle de YouTube da FECYT.
Na súa intervención, Andrade abordará unha cuestión candente: a capacidade da computación cuántica, unha tecnoloxía emerxente baseada nos cúbits, para contribuír a reducir o consumo enerxético na resolución de problemas complexos. “Nun momento no que a IA, a predición meteorolóxica ou a analítica de datos consumen enormes cantidades de recursos, esta nova forma de computar abre portas a solucións máis eficientes e sostibles”, adianta. O relator tamén explicará en que se diferencian os cúbits dos bits tradicionais, e como esta tecnoloxía pode aplicarse a retos medioambientais concretos: simular novos materiais sustentables, mellorar a eficiencia enerxética ou optimizar redes de transporte, entre outros.
Diego Andrade é profesor titular da Universidade da Coruña e investigador do CITIC, centro no que lidera liñas de investigación relacionadas coa computación cuántica, a IA e a computación de altas prestacións. Cunha traxectoria consolidada, conta con máis de 40 publicacións científicas e participou en numerosos proxectos de ámbito estatal e europeo.
Esta actividade celébrase no marco do Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuánticas, proclamado pola UNESCO, e coincide co mes no que se conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente, pondo o foco no potencial da ciencia para avanzar cara á sustentabilidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?