Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC achega a tecnoloxía inclusiva á XI Maker Faire Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC achega a tecnoloxía inclusiva á XI Maker Faire Galicia

S. P.
Publicado: 19/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

maker-faire-taller.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC participou esta pasada fin de semana na xornada de apertura da XI Maker Faire Galicia, que tivo lugar en Santiago de Compostela, concretamente en Área Central. Dentro deste evento o CITIC levou a cabo un obradoiro de creación e personalización de mandos adaptados para videoxogos no marco do proxecto Talentos Inclusivos.
Durante a actividade os asistentes puideron deseñar e construír o seu propio mando personalizado empregando materiais diversos e probar a súa creación cunha selección de videoxogos desenvolvidos na plataforma Scratch, algúns deles elaborados por estudantes do proxecto Talentos Inclusivos o que engade un valor educativo e inclusivo á experiencia.
maker-faire-taller-2.jpgPor parte do CITIC, desenvolveron o taller Javier Pereira Loureiro Paula de Santos Dorrego e Irene Brage Vázquez.
Esta actividade formou parte dun amplo programa de actividades que incluíu charlas, espazos expositivos, obradoiros e propostas participativas, todas elas centradas na innovación social, educativa, artística e tecnolóxica.
Máis datos sobre a XI Maker Faire Galicia
A Maker Faire Galicia, evento compostelán centrado na vertente máis argalleira e participativa da tecnoloxía, celebra esta tempada a súa XI edición e faino mantendo o formato que estreou o ano pasado, con tres xornadas temáticas en diferentes espazos da cidade. A primeira das citas foi este sábado 14 de xuño, cun programa dedicado ao emprendemento e a innovación social que se celebrou en Área Central e que incluíu numerosas actividades para toda a familia. Foi unha cita dirixida ao público xeral, con especial foco en familias, mocidade e colectivos con interese en transformar o mundo dende o local. Contou con charlas, obradoiros, espazos expositivos e máis de 45 proxectos creativos, tecnolóxicos e sociais.
citic_maker-faire-1024x768.jpgAs seguintes xornadas da Maker Faire Galicia celebraranse na Casa das Máquinas. Serán o 31 de outubro, cunha sesión dedicada á industria e que pretende ser un encontro profesional con empresas, centros de coñecemento e startups; e o 21 de novembro, coa xornada de oficios e cultura maker, para poñer en valor os oficios tradicionais e a transmisión interxeracional de saberes, conectando coas novas xeracións.
A Maker Faire Galicia reafirma tamén nesta edición o seu compromiso coa accesibilidade. Por iso, todas as charlas contarán con intérprete de lingua de signos, e os carteis dos proxectos maker estarán adaptados en braille para garantir unha experiencia inclusiva para todas as persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?