Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ViaGalicia selecciona os quince proxectos da 8ª edición da aceleradora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ViaGalicia selecciona os quince proxectos da 8ª edición da aceleradora

S. P.
Publicado: 20/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

viagalicia_zona_franca_vigo-2.jpgNove proxectos de Vigo e a súa área, 3 de Pontevedra, 1 de Lugo, 1 de Ourense e outro de Boiro son as 15 iniciativas empresariais que participarán a partir de setembro na oitava edición de ViaGalicia, a aceleradora da Zona Franca de Vigo e o IGAPE, que se consolidou como unha das máis destacadas de toda España.
A designación do comité técnico fíxose pública este xoves 19 de xuño tras o Demoday celebrado en Porto do Molle, o que 22 equipos presentaron publicamente as súas propostas das 108 iniciativas que se presentaron inicialmente ás diferentes fases de selección. Das finalmente elixidas destacan as iniciativas de innovación sostible, aplicacións móbiles e tecnoloxías para garantir a competitividade do sector alimentario.
Proxectos
Nesta 8ª edición os quince proxectos seleccionados son Dighy, aplicación que simula proxectos de H2 renovable, captura de CO2 e combustibles sintéticos, Mvico Bike Experience, firma de turismo en bicicleta e Yurt Store, fabricantes de baúis de concursos de hípica con materiais de alta calidade, os tres proxectos de Vigo. Da área de influencia, Canumi Conservas para Mascotas, de Cangas; Ciclope Mencía, dedicados á camperización de furgonetas, de Baiona; inMotion, un sistema de medición e análise biomecánico preditivo para medicina física, de Nigrán, Vinak Products S.L., empresa do Porriño que deseña e fabrica accesorios de viño e enxoval de deseño, Skeirrum S. Coop. Galega Xuvenil, proposta de experiencias personalizadas de scape room, desde A Guarda e Gofish (Wairbot VX), que promove a rastrexabilidade do peixe en tempo real a través de Whatsapp, de Tui.
Hai outros tres proxectos de Pontevedra: Gastrovisual, plataforma que transforma a carta do restaurante en vídeos profesionais de cada prato, Knowmad Tribe, axencia de viaxes para nómades dixitais e traballadores en remoto, e Salmoira, que a través de I+D desenvolve produtos novos e sostibles a partir de peixe e marisco.
De Ourense procede Luxsit, proposta de espectáculos de luces con drons, e de Lugo, ProA2 Health, centrada nunha fórmula infantil desenvolvida a partir de leite A2, máis dixerible e menos alerxénica.
Completa a lista de seleccionados nesta 8ª edición de ViaGalicia, Orixe Salgada, de Boiro, coa utilización de algas de arribazón como fonte de materia prima para a creación de micronizados e nanopartículas.
O delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, felicitou ás 15 iniciativas empresariais que conseguiron entrar na aceleradora “e a todos os emprendedores e emprendedoras, ata 108 equipos, que pasaron estes meses por ViaGalicia para chegar ata aquí”. Todas elas, sinalou o delegado, “demostraron actitude, capacidade e moitísimo talento e todas nos animan a seguir sendo optimistas ante unha xeración que nos vai a dar moito alegrías”. Respecto a ViaGalicia, Regades destacou “os espectaculares datos destes anos nos que se analizaron máis de 1.500 iniciativas empresariais e que confirman á aceleradora como un exemplo de aposta polo emprendemento en todo o Estado”.
A directora xeral do IGAPE, Covadonga Toca, trasladou o parabén ás 15 iniciativas seleccionadas e destacou o talento, o compromiso e a capacidade de todos os equipos que participaron no proceso. Subliñou ademais “a aposta decidida da Xunta polo emprendemento innovador a través da rede de aceleradoras presente en todo o territorio, que opera grazas á colaboración entre institucións como o IGAPE e a Zona Franca”.
A partir de agora, estes proxectos, que representan a diferentes sectores produtivos, contarán con persoal de titoría para asesoralos durante estas semanas nos trámites que terán que realizar antes de iniciar a aceleración, como é a súa constitución como sociedades, e a posta a punto das súas propostas para iniciar en setembro, nos espazos de ViaGalicia en Porto do Molle, a súa aventura para transformarse en empresas viables.
Os datos das 7 edicións realizadas ata o de agora de ViaGalicia mostran, en palabras da Zona Franca, “a fortaleza e o éxito da aceleradora”. De feito, “axudouse na definición do modelo de negocio a máis de 200 proxectos cun resultado de 57 startups que superaron no último ano os 45 millóns de euros de facturación e pecharon roldas de financiamento por valor de 70 millóns de euros, creando máis de 500 empregos de alta cualificación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?