Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadoras do CITIC achegan a tecnoloxía á sociedade con obradoiros e recoñecementos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadoras do CITIC achegan a tecnoloxía á sociedade con obradoiros e recoñecementos

S. P.
Publicado: 20/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_aps.jpgAs investigadoras do CITIC da UDC, Paula Castro e Adriana Dapena, impartiron recentemente un obradoiro titulado Sinais e Sensores na Fundación ADCOR da Coruña, dentro do proxecto tuTIC: Tecnoloxía, Inclusión e Creatividade. Esta iniciativa de Aprendizaxe-Servizo (ApS) busca establecer pontes entre a formación universitaria e o terceiro sector, a través do desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos vinculados ás materias do Grao en Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña.
O alumnado de terceiro curso da mención en Enxeñaría de Computadores afondou no procesamento de son e no deseño de interfaces accesibles, co obxectivo de crear solucións inclusivas. Como resultado, desenvolvéronse varios xogos musicais e un piano interactivo baseado en sensores de ultrasóns, que foron compartidos coas persoas usuarias da Fundación ADCOR.
Premio á innovación docente
citic_aps_detalle.jpg A colaboración entre universidade e entidades sociais tivo tamén recoñecemento institucional. Recentemente, a investigadora Adriana Dapena recibiu o segundo premio na categoría de Redución das Desigualdades nos IV Premios a Proxectos de Innovación Docente con Aprendizaxe-Servizo da UDC. Este galardón destacou o seu labor como titoría dun traballo de fin de grao, no que se desenvolveu unha aplicación dirixida a persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) para traballar aspectos como as rutinas, os sentimentos e a ironía. Este proxecto foi tamén recoñecido pola Cátedra NTT Data no Congreso XoveTIC.
En palabras do centro da UDC, estas accións amosan o compromiso das investigadoras do CITIC co modelo ApS como ferramenta para achegar a tecnoloxía ás persoas, especialmente a colectivos con diversidade funcional. Parte destes proxectos foron tamén presentados na exposición polo 10º aniversario do Aprendizaxe-Servizo na UDC, celebrada recentemente en Ferrol.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?