Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña reforza a web seresentir.gal con motivo do Día da Diversidade Sexual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña reforza a web seresentir.gal con motivo do Día da Diversidade Sexual

S. P.
Publicado: 20/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_coruna_presentacion_28x_1.jpgA Deputación da Coruña vai conmemorar o Día da Diversidade Sexual impulsando a campaña de sensibilización Liberdade de ser e de sentir. Os detalles da iniciativa foron compartidos pola deputada de igualdade, Soledad Agra, acompañada de Ana García, de Alas A Coruña; Victoria Fernández da compañía, Pérez & Fernández e Emi Candal, da produtora Urdime.
A través da nova campaña de Liberdade de ser e de sentir, sinalaron, apélase á “complicidade” dos 93 concellos da provincia e convida a adherise á iniciativa a aquelas entidades do tecido asociativo que estean interesada en participar, asumindo 3 compromisos moi sinxelos. Estes son:
-Iluminar un espazo público coas cores da bandeira LGTBQI+.
-Expoñer publicamente a bandeira LGTBQI+.
-Difundir a campaña nas redes empregando o cancelo #seresentir.
“Desde a Deputación queremos que os recursos, a información e a visibilización do colectivo cheguen a todos os concellos da provincia, independentemente do seu tamaño e orzamento”, sinalou a deputada.
Actividades anuais
A campaña iniciouse o pasado 31 de maio coa celebración da IV edición do congreso Memoria Diversa, que centrou a reflexión sobre os novos e vellos discursos de odio contra o colectivo LGBT, creando espazos de encontro e reflexión arredor da memoria do colectivo LGBTIQA+ en Galiza. O congreso foi gravado e está dispoñible na canle de YouTube da Deputación da Coruña.
Ademais do congreso, inclúe diferentes actividades que se desenvolverán nos vindeiros meses xa que, tal e como sinalou a deputada, “na Área de Igualdade da entendemos que o activismo polos dereitos das persoas LGTBQI+ non debe cinguirse a un único día no ano, polo que a programación que compón a campaña estenderase durante meses”:
· Acto institucional do día 27 no Pazo da Deputación con lectura dun manifesto e unha lectura colectiva de fragmentos de literatura queer galega.
· Desenvolvemento de tres palestras: Institucionalización das persoas LGTB; Medidas para a igualdade e non discriminación das persoas LGTB no ámbito laboral e Corpos e sexualidades disidentes.
· Representacións teatrais para distintos públicos espalladas por 20 concellos da provincia procurando chegar ao maior número de comarcas do territorio como segue: 10 representacións da obra Rosa e azul, de Pérez & Fernández, dirixida a público infantil e 10 representacións da obra Vicio houbo sempre, de Atenea García e dirixida a público adolescente e adulto.
· Creación de contidos informativos descargables para que concellos e entidades poidan dispor deles nos puntos de información LGTB que organicen.
· Actualización da páxina web seresentir.gal con novas propostas de literatura LGTB, recompilación de recursos audiovisuais (curtametraxes, películas e series con representación diversa) e ligazóns a materiais de libre acceso, así como suxestión de contidos para diferentes idades.
· Instalación de puntos LGTB en 8 concellos da provincia.
· Envío de merchandising a concellos de menos de 30.000 habitantes.
“A loita do colectivo LGTBIQ+ non é só unha loita legal, senón tamén polo dereito a vivir con dignidade, sen medo, sen violencia e sen discriminación” apuntou Agra. “Unha loita pola liberdade de ser, estar e sentir. E estas campañas, por desgraza, seguen sendo moi necesarias.”
Engadiu que a Información irase actualizando na web seresentir.gal e faranse comunicacións periódicas a concellos e entidades adheridas informando das novidades. Para consultas e suxestións habilítase o correo electrónico seresentir@dacoruna.gal e o teléfono 646 908 177.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?