Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña distingue a firma de contidos Somadrome Films nos Premios PEL 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña distingue a firma de contidos Somadrome Films nos Premios PEL 2025

S. P.
Publicado: 20/06/2025
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

foto_grupo_pel_2025.jpgO Campus Tecnolóxico Cortizo, en Padrón, acolleu na noite deste 20 de xuño a gala de entrega dos Premios PEL da Deputación da Coruña, uns galardóns que recoñecen anualmente as mellores iniciativas empresariais da provincia e que este ano celebran a súa sétima edición. As empresas galardoadas foron CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas S.C.G), Espazo Nature Retreat SL e a firme de contidos divulgativos para plataformas Somadrome Films SL, que recibiron un premio de 20.000 euros cada unha polo “seu compromiso co emprendemento, a innovación e a sustentabilidade”.
Segundo fixo saber a Deputación, a presente edición “fixo historia” ao rexistrar a maior participación dende a creación dos premios, con 127 candidaturas presentadas: 31 na categoría de Iniciativa Emprendedora, 79 na de Traxectoria Empresarial e 17 propostas polo xurado para a categoría de Proxección e Innovación Sostible.
“Esta alta participación demostra que os Premios PEL interesan, que son necesarios e que están plenamente consolidados como un referente no ecosistema empresarial da provincia”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que presidiu a gala.
O presidente felicitou ás empresas premiadas e ás que recibiron accésits, destacando “o talento, o esforzo e a capacidade de innovar dende calquera punto da provincia, mesmo dende os concellos máis pequenos”. Tamén agradeceu a participación de todas as candidaturas presentadas que non obtiveron galardón este ano “porque sen elas non existiría este proxecto colectivo que é o Plan de Emprego Local”.
somadrome_premio_pel.jpg Durante o acto, Formoso fixo un balance do Plan de Emprego Local (PEL), ao que definiu como “un dos proxectos máis transformadores da Deputación da Coruña”.
Engadiu que “hoxe estamos a falar do maior Plan de Emprego impulsado por unha administración local en Galicia, que leva mobilizado 120 millóns de euros investidos dende o seu inicio, con 7.700 empregos creados, 2.700 pemes e 4.000 autónomos beneficiados pola axudas do PEL, ademais dunha rede de 11 coworkings que axudou a impulsar máis de 300 proxectos emprendedores. Detrás de cada unha destas cifras hai nomes, proxectos e soños cumpridos e, sobre todo hai moito futuro”.
As empresas gañadoras nas categorías principais deste ano foron:
– Espazo Nature Retreat, S.L. (Premio á Iniciativa Emprendedora). É un campamento turístico de alta calidade aberto ao público desde marzo de 2024, situado no espazo natural de Razo-Baldaio, no concello de Carballo. Ofrece unha experiencia de aloxamento sostible a través de 22 unidades (entre cabanas eco, vilas e tendas de glamping) para unhas 70 persoas, incluíndo opcións adaptadas a persoas con mobilidade reducida e zona para autocaravanas. Conta cun edificio de servizos centrais con restaurante, sala de usos comúns e espazos para actividades de benestar. O seu restaurante Espazo Gastro, aberto ao público, aposta por unha proposta culinaria baseada en produtos locais. O proxecto logrou as certificacións Q de Calidade Turística e S de Sostibilidade do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
– Somadrome Films, S.L. (Premio á Traxectoria Empresarial). É unha produtora audiovisual con sede en Oroso, especializada en documentais científicos e culturais para o mercado internacional. Fundada en 2017, aposta por un modelo de negocio innovador, dixital e centrado na calidade narrativa e no impacto social. Conta cun amplo catálogo de máis de 15 producións emitidas en canles e plataformas de todo o mundo, como Netflix, ARTE, Discovery Channel, TVE, Movistar, TVG, BBC, RAI, NHK, Foxtel ou Al Jazeera. O seu traballo contribúe a visibilizar o talento galego e achegar historias locais ao público global.
– CLUN: Cooperativas Lácteas Unidas S.C.G. (Premio á Proxección e Innovación Sostible). Cooperativa de referencia no sector lácteo galego, resultado da fusión de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto. Con sede en Negreira e 3.500 socios, dinamiza o sector produtivo no rural da provincia cun impacto social e económico destacado. Conta con centros de transformación de leite e fertilizantes, ofrece servizos de asesoramento e comercialización, e aposta pola innovación e a formación continua a través da colaboración con estudantes e participación en proxectos de I+D.

Contidos
  • Accésits
  • Recoñementos especiais para Severino Escurís e Fernanda Tabarés

Accésits

premio_pel_deputacion.jpgO xurado recoñeceu tamén con accésits, dotados cun premio económico de 5.000 euros, ás seguintes empresas:
– Orixe Salgada, S.L. (Accésit Iniciativa Emprendedora). Iniciativa pioneira con sede en Boiro que desenvolve unha biorrefinería para procesar algas de arribazón mediante técnicas 100% naturais e sen residuos. O proxecto transforma un residuo das confrarías galegas en produtos de alto valor engadido, cun forte impacto ambiental e social.
– La Pradera Online (Accésit á Traxectoria Empresarial). Tenda en liña especializada en alimentación e benestar para pequenas mascotas como coellos e roedores. Conta con 32.000 usuarios rexistrados e realiza máis de 2.500 envíos mensuais a España e Portugal. O seu obxectivo é consolidar un novo sector de mercado agroalimentario galego baseado no cultivo de feos (henos) para mascotas.
– Galopín Playgrounds, S.L. (Accésit Proxección e I1nnovación Sostible). Empresa con sede en Cerceda, pioneira no deseño e fabricación de parques infantís e biosaudables. Cunha traxectoria de máis de 25 anos, ten desenvolvido proxectos nos cinco continentes promovendo espazos de xogo inclusivos, sostibles e sen barreiras.

Recoñementos especiais para Severino Escurís e Fernanda Tabarés

Durante a noite entregáronse tamén dous recoñecementos especiais á xornalista Fernanda Tabarés e ao empresario Severino Escurís Batalla.
– Fernanda Tabarés, responsable de Voz Audiovisual e presidenta de Pedralonga Estudios é, en palabras da Deputación, “unha figura sobresaínte do xornalismo galego”. Recibiu o galardón “polo seu traballo comprometido e independente, pola súa defensa do papel fundamental da muller na sociedade e nos medios de comunicación e como figura de referencia no sector audiovisual galego”.
– Severino Escurís Batalla, veterano e histórico empresario da Pobra do Caramiñal nado en 1925, recibiu o galardón por toda unha vida dedicada ao sector conserveiro galeo. A piques de cumprir 100 anos, é un dos empresarios máis veteranos de Galicia e España. Iniciou a súa traxectoria na empresa familiar Conservas Escurís (A Pobra), desde onde impulsou una visión pioneira e unha firme vocación industrial que marcaron profundamente o desenvolvemento do sector conserveiro galego. O seu legado continúa sendo exemplo de esforzo, innovación e compromiso coa calidade alimentaria.
“Con esta nova entrega, os Premios PEL consolídanse como un dos recoñecementos máis relevantes do emprendemento a nivel galego e estatal, promovendo a cultura emprendedora e visibilizando o papel das empresas como axentes de transformación social e territorial”, engadiu a Deputación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?