Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPeme+ enfila a recta final de xuño con cinco novos obradoiros TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPeme+ enfila a recta final de xuño con cinco novos obradoiros TIC

S. P.
Publicado: 23/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_20240620_logo_entrada-4.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta última semana de xuño cinco novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato telemático e presencial (todas elas requiren inscrición previa), celebraranse entre o luns 23 e o xoves 26 de xuño e afondarán en cuestións de grande interese para o tecido empresarial da provincia como o inboud marketing, a IA aplicada ao posicionamento en Google ou o deseño 3D, entre outras.
Este luns 23 celebrarase o obradoiro telemático Impresión 3D no 2025, Slicers actuais 2/4, accións fundamentais, a partir das 12.00 horas, organizado pola Oficina SmartPeme de Barro. Os participantes aprenderán a sacar o máximo partido ás súas impresoras 3D, desde como configurala e monitorizala adecuadamente ata facer as primeiras impresións e envíos de deseños. Será impartida por Manuel Tornos, asesor do Centro de Educación e Formación de Barro con máis de 30 anos de experiencia en TIC, e as inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
O martes 24, en formato telemático ás 12.00 horas, desenvolverase o obradoiro Inboud marketing coordinado pola Oficina de Pontevedra. Na sesión darase a coñecer como acompañar e atraer o cliente ao longo de todo o seu proceso de compra da man de Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual e cunha ampla traxectoria profesional asesorando a empresas no ámbito da comunicación e da mercadotecnia dixital. As inscricións pódense realizar no formulario dispoñible.
O mércores 25 ás 12.00 horas será a quenda do obradoiro telemático Customer Development, organizado pola Oficina Smartpeme de Lalín. Sabela Álvarez, licenciada en comunicación e formadora acreditada con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade e emprendemento, dará a coñecer esta metodoloxía clave para quen desenvolva unha nova idea de negocio, lance un produto innovador ou busque adaptar o seu modelo actual ao que realmente necesita o mercado. As persoas interesadas pódense inscribir no formulario habilitado.
O xoves 26 a Deputación organiza ás 12.00 horas o obradoiro tamén telemático AI Overviews: novas regras para clasificar en primeiro lugar en Google na oficina do Porriño, no que as persoas participantes aprenderán que son as descricións xerais da Intelixencia Artificial, como funcionan e como poden usalas para manter o seu contido relevante e visible en Google. A sesión correrá a cargo de Esther Garcinuño, licenciada en Administración e Dirección de Empresas, e as inscricións pódense realizar no formulario achegado pola Deputación.
Por último, tamén o xoves 26 celebrarase o obradoiro presencial Creación e análise dunha base de datos de aloxamentos, ás 16:.30 horas coordinado pola oficina de Cambados. A sesión abordará como crear unha base de datos propia cun rexistro de reservas e clientes e correrá a cargo de Patricia Cabaleiro, licenciada en Turismo con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. As inscricións poden realizarse no formulario. 
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Peme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?