Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova edición de Rianxo Gaming celébrase o 5 de xullo, cun relatorio de apertura para familias este mércores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova edición de Rianxo Gaming celébrase o 5 de xullo, cun relatorio de apertura para familias este mércores

S. P.
Publicado: 23/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

o_mundo_dixital_en_familia_rianxo_gaming.jpgO Campo de Arriba de Rianxo (Praza de Castelao) vai acoller este 5 de xullo a terceira edición do encontro Rianxo Gaming, a Feira de Videoxogos de Rianxo. Trátase dun evento anual adicado ao mundo gamer que pon o foco na súa vertente máis creativa, participa, cultural e, tamén, profesional e empresarial. Cun formato de feira, o evento inclúe unha variedade de actividades como charlas, obradoiros, competicións de eSports, retro-gaming, realidade virtual, tendas e música en directo.
Sinalar que a xeito de antesala do encontro e encadrándose no seu programa de actividades, o Concello de Rianxo vai organizar unha charla sobre O mundo dixital en familia, este mércores 25 de xuño no Auditorio Municipal. Nesta actividade, que será a primeira da xeira de xornadas formativas e de convivencia do programa Escolas de familias 2025, o Concello abordará as ferramentas para unha convivencia saudables coas novas tecnoloxías.
Volvendo ao miolo da feira Rianxo Gaming, o programa de actividades inclúe unha zona retro gaming, unha zona arcade, unha zona PC, unha zona de Realidade Virtual, unha zona de música e movemento, xogos de mesa e obradoiros de iniciación ao universo Pokémon TCG e One Piece TCG. Tamén haberá torneos (de Super Smash Bros Ultimate, de Pokémon TCG, de Mario Kart 8, de Brawl Stars, de EA Sports FC 25, etc), unha emisión en directo no programa Recuncho Gamer (ás 12.30 horas do 5 de xullo), unha mostra de freestyle cos Gallos del Norte e, a xeito de colofón, un concerto coa Banda de Música Vila de Cedeira (Are you ready to play?).
O evento está promovido polo Concello de Rianxo e a produción técnica é de Lúa Gaming, empresa galega de deportes en liña e eventos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?