Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Secretaría Xeral da Lingua reforza as actividades dixitais a prol do galego nos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Secretaría Xeral da Lingua reforza as actividades dixitais a prol do galego nos concellos

S. P.
Publicado: 23/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_mb1d7-b85b7_0.jpgO Diario Oficial de Galicia publicou a concesión das axudas da Xunta para accións de promoción do galego destinadas ás entidades locais con achegas repartidas en 87 concellos, agrupamentos e mancomunidades, unha convocatoria na que a Secretaría Xeral da Lingua (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) investiu en total 350.000€.
No que respecta aos concellos de Barbanza e da súa contorna estariamos a falar das seguintes contías: 7.088 euros para Boiro (mantemento do servizo lingüístico), 6.961,06 € para Outes (mantemento do servizo lingüístico), 7.498,90 € para Ribeira (mantemento do servizo lingüístico), 2.119,01 € para Padrón (programas de dinamización lingüística), 5.239,19 € para Muros (mantemento do servizo lingüístico), 5.547,38 € para A Pobra do Caramiñal (mantemento do servizo lingüístico), 2.438,66 € para Rianxo (programas de dinamización) e 9.185,00 € para Rois e Dodro (mantemento do servizo lingüístico).
As subvencións están dirixidas “a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, ben mediante a súa creación ou co mantemento ou reforzamento dun xa existente, promovendo o desenvolvemento de programas de dinamización en concellos”. Ademais, tamén se impulsa, cos agrupamentos de municipios, a incorporación de localidades de menos de 3.000 habitantes que se poidan atopar con menos recursos para desenvolver estas tarefas.
A iniciativa responde ao compromiso do Goberno autonómico co apoio ás entidades locais no labor de normalización lingüística, en liña coas medidas incluídas no Pacto pola Lingua, colaborando con axudas económicas á posta en marcha e mellora dos servizos neste eido e “tendo en conta que a administración local constitúe unha vía de dinamización da lingua prioritaria pola súa proximidade e o contacto mais directo coa cidadanía”.
Segundo informou a Secretaría Xeral, o obxectivo específico e concreto das axudas é “o desenvolvemento de propostas encamiñadas á creación e posta en marcha dun servizo lingüístico, habilitando un departamento técnico inserido na entidade local co fin de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas, accións e actividades dinamizadoras da lingua, ou, no seu caso, ao mantemento dun servizo xa existente no concello, dándolle continuidade ás súas iniciativas ou reforzándoo de maneira que se poida atender a necesidades como a incorporación de máis persoal técnico”.
Así, os proxectos en concreto implican a realización de accións e campañas de dinamización lingüística ben en formato material, como pode ser libros, audiolibros, xogos, ou representacións artísticas, ou ben no eido dixital como as propostas baseadas en soportes electrónicos, na web ou nas redes sociais. A isto, engádeselle o reforzo da formación lingüística, impulsando cursos formativos de lingua galega coa implicación do propio persoal técnico dos concellos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?