Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acolle este venres unha xornada nacional de mulleres en Enxeñaría Informática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Santiago acolle este venres unha xornada nacional de mulleres en Enxeñaría Informática

S. P.
Publicado: 23/06/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

gto5x0ka0aa7zkc.jpgO grupo de traballo de Mujeres en Ingeniería Informática do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática (CCII) celebrará o venres 27 de xuño a II Xornada Nacional de Mulleres en Enxeñaría Informática, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). A xornada celebrarase de 11.00 a 14.00 horas no Salón Fonseca do Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.
A cita será inaugurada por Mercedes Oliva, representante e membro de Mujeres en Ingeniería Informática do CCII e membro da xunta de goberno do Colegio Profesional de Ingeniería Informática de Castilla y León; Fernando Suárez, presidente do CCII e +do CPEIG; e Manuel César Vila, concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Santiago.
Na clausura intervirán Juana Perea (videoconferencia), membro de Mujeres en Ingeniería Informática do CCII e da xunta de goberno do Colegio Oficial de Ingeniería Informática de les Illes Balears (COIIB); Victoria González, membro de Mujeres en Ingeniería Informática do CCII e colexiada do CPEIG, así como responsable de proxectos de Minsait; e María Quintiana, directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia.
Nesta edición porase o foco “no papel estratéxico das infraestruturas dixitais como base do desenvolvemento tecnolóxico e social para garantir unha contorna dixital accesible, segura e sostible”. Este espazo de encontro busca “destacar a participación das mulleres nun ámbito técnico fundamental, así como fomentar unha visión máis diversa e igualitaria na construción das infraestruturas que sosteñen a transformación dixital”, sinalan dende a organización.

Premio Ángela Ruiz Robles

Catalina Grimalt
Catalina Grimalt
No marco do evento entregarase o Premio Ángela Ruiz Robles, “un recoñecemento ao mérito, esforzo sostido e á capacidade de abrir camiños para as xeracións futuras desde a excelencia técnica e humana”.
Na súa segunda edición, a distinción recaeu na enxeñeira informática Catalina Grimalt Falcó, subdirectora xeral de Organización e Recursos Internos do Port de Barcelona.
O recoñecemento será entregado por familiares de Ruiz Robles, mestra, pedagoga e inventora, recoñecida como a precursora do libro electrónico, que exerceu a súa profesión educativa en Ferrol; e pola catedrática de IA da Universidade Politécnica de Cataluña Karina Gibert, membro de Mujeres en Ingeniería Informática do CCII, vicepresidenta 2ª do CCII e decana do Col·legi Oficial d’Enginyeria en Informática de Catalunya (COEINF).
O Premio Ángela Ruiz Robles rende homenaxe a unha figura pioneira da innovación tecnolóxica e educativa en España. Nacida en 1895 en Villamanín (León) aínda que fortemente vencellada a Galicia e especialmente a Ferrol, Ángela Ruiz Robles foi mestra, escritora e inventora. O seu incansable labor por modernizar a ensinanza e o seu espírito visionario levárona a desenvolver na década de 1940 a coñecida como “enciclopedia mecánica”, precursora do que hoxe se coñece como o libro electrónico. O seu traballo, adiantado ao seu tempo, é símbolo do enxeño, a creatividade e a determinación feminina nun ámbito historicamente masculinizado.
Inspirado no seu legado, este galardón ten como finalidade recoñecer a excelencia profesional dunha muller enxeñeira informática cuxa traxectoria destaque polo seu impacto, liderado e compromiso co desenvolvemento tecnolóxico e a transformación dixital. O premio pon en valor a contribución fundamental das mulleres no ámbito da enxeñería informática, visibilizando referentes que impulsan a igualdade de oportunidades e fomentan vocacións femininas no sector.
Tamén Catalina Grimalt ofrecerá unha conferencia titulada Smart ports, despregue do 5G e a remodelación da infraestrutura TIC do Porto de Barcelona para la Copa América.
Catalina Grimalt, ademais de subdirectora xeral de Organización e Recursos Internos do Port de Barcelona, é directora xeral de Barcelona Port Innovation. Enxeñeira informática de formación, conta cunha rica experiencia profesional que inclúe firmas de consultoría como KPMG e EY. Está profesionalmente vinculada ao Porto de Barcelona durante máis de 20 anos, ocupando diversas responsabilidades en áreas tecnolóxicas, desde o desenvolvemento de aplicacións ata o seu actual rol de lideradoble. Ademais, participa activamente en varios consellos de administración, por exemplo, no de World Trade Center Barcelona ou o de Portic Barcelona. Desde a súa fundación ata o 2024 participou como xurado nos Premis DonaTIC organizados pola Generalitat de Catalunya e en diversas iniciativas de apoio ao rol da muller na enxeñaría. En 2014 recibiu o premio CIO do ano na Nit de les Telecomunicacions.
Ademais, celebrarase unha mesa redonda sobre Datos e Intelixencia Artificial como infraestruturas básicas das novas organizacións, moderada por Patrícia Yábar la Roca, membro de Mujeres en Ingeniería Informática do CCII e colexiada polo Col·legi Oficial d’Enginyeria en Informàtica de Catalunya (COEINF). Participarán diversas expertas: a catedrática de LSI e adxunta de Transferencia na Universidade da Coruña, Susana Ladra, tamén membro de Mujeres en Ingeniería Informática do CCII e vicepresidenta do CPEIG; a consultora sénior de datos, intelixencia e robots en Minsait, Tatiana Suárez; a científica de datos de INECO, consultora da Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial (SEDIA) do Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública, Núria Albó; por videoconferencia Luisa Sanz, voceira de Intelixencia Artificial no Congreso dos Deputados; e Catalina Grimalt.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?