Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta comprométese a colaborar coa Irmandade Xurídica para garantir o galego na nova ferramenta da Xustiza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta comprométese a colaborar coa Irmandade Xurídica para garantir o galego na nova ferramenta da Xustiza

S. P.
Publicado: 23/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

irmandade_xuridica_conselleira_lingua_cultura_campos_firma-2.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, asinaron os días pasados un protocolo de colaboración para impulsar o uso do galego co Colexio Notarial de Galicia e a Irmandade Xurídica, aproveitando a xuntanza anual desta última entidade que este ano dedicou a este ámbito. Entre os obxectivos deste acordo figura o de facilitar a presenza da nosa lingua nas canles e plataformas tecnolóxicas de uso no ámbito xudicial, poñendo en o foco na aplicación informática Atenea, que se prevé implantar nos vindeiros seis meses.
Campos e García sinalaron que “damos un paso máis no noso obxectivo de fomentar o uso da lingua en moi diferentes eidos e sectores como é o da xustiza ou o da Administración, sumando aos profesionais da notaría neste camiño que iniciamos ao abeiro do Pacto pola Lingua. E engadiron: “Comprometémonos a reactivar a presenza do idioma nas notarías de Galicia, recoñecendo a validez xurídica dos documentos públicos redactados en galego e dándolle valor e prestixio”.
Lembraron que o Goberno autonómico anunciou hai uns días que iniciará un proceso de diálogo co Executivo central para “garantir que o novo sistema informático de xestión procesual que vai implantar o Ministerio de Xustiza, Atenea, esta dispoñible tamén en lingua galega”. Por outra banda, tamén se puxeron xa en marcha distintas colaboracións mediante sinaturas de convenios para potenciar a lingua en ámbitos estratéxicos, como o asinado co conselleiro de Sanidade, co Fiscal Superior de Galicia ou coa Administración para realizar cursos de lingua e cultura galegas.
Ademais da xuntanza, nesta xornada a Irmandade Xurídica rendeu homenaxe ao que fora o primeiro notario en utilizar a lingua galega, descubrindo onde a Falcultade de Dereito da Universidade de Santiago o busto de Victorino Gutiérrez Aller ( Lalín, 1937–2024).
En 1989 o xurista lalinense elaborou o coñecido como Formulario Notarial, editado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e distribuído a todas as notarías de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?