Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 4.000 explotacións agrícolas galegas empregan os servizos de PDAGRO
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 4.000 explotacións agrícolas galegas empregan os servizos de PDAGRO

S. P.
Publicado: 24/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

amtega_plataforma_agricola_medio_rural_xunta.jpgMáis de 4.000 explotacións agrícolas de Galicia están a utilizar servizos integrados na Plataforma dixital agroforestal (PDAGRO), desenvolvida a través dun proxecto de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), segundo fixeron saber as dúas institucións nun balance sobre o estado do desenvolvemento desta plataforma.
No informe lémbrase que os traballos iniciáronse en marzo de 2024 e prolongaranse ata xuño de 2027, cun orzamento de 5,4 millóns de euros, financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Programa Feder Galicia 2021-2027.
PDAGRO é un ecosistema tecnolóxico que xestiona a información e datos de interese para as actividades agrícolas e forestais, e proporciona utilidades a agricultores, gandeiros, silvicultores e técnicos da Administración. A maiores, disporá de diferentes módulos, entre os que se atopan a ferramenta de xestión de explotacións agrarias (XEAGA), o sistema de xestión e rexistro das explotacións agrarias, o sistema de xestión de solicitudes de incorporación ao banco de explotacións, a xestión integral do viñedo de Galicia, así como os diferentes sistemas de información xeográfica asociados.
Entre as utilidades que xa están dispoñibles atópase a posibilidade de cubrir e xestionar o caderno de explotación dixital, en que se rexistran actuacións como as tarefas de fertilización, tratamentos fitosanitarios ou prácticas gandeiras. A maiores, é posible utilizar xa o calendario agrícola, que inclúe todo tipo de información de interese, así como a xestión de documentación e un sistema de comunicación polo que a Administración pode notificar alertas ou enviar avisos personalizados (por SMS ou correo electrónico) a cada explotación ou grupo de explotacións.
AMTEGA lembra que a plataforma permite ademais “iniciar diversos procedementos administrativos grazas á súa integración coa sede electrónica da Xunta ou cos portais sectoriais, como é o caso da oficina virtual de gandaría”.
O obxectivo a medio prazo é que este espazo actúe como “unha xanela única para as persoas e empresas que se dedican a estas actividades do sector agroforestal”.
Todas as funcionalidades están concentradas nunha aplicación web, en que cada explotación ten o seu espazo, ao cal accede identificándose de forma segura. Existe tamén unha aplicación móbil que integra funcionalidades como a xeolocalización, o rexistro de actividades no terreo, a predición meteorolóxica e alertas adaptadas a cada explotación en tempo real.
A existencia de mecanismos técnicos (como API) para conectar diferentes aplicacións facilitan a comunicación da Plataforma con sistemas de terceiros, por exemplo, para o traslado da información ao Sistema de información de explotacións do estado (SIEX) , ou aos sistemas que se empregan para a xestión a nivel autonómico das axudas da política agraria común.
AMTEGA e Medio Rural engaden que “o modelo está preparado para acoller todo tipo de utilidades que empregan tecnoloxías como a Intelixencia Artificial”, e ademais o informe destaca a integración con plataformas asesoras en fertilización e a realización de análises preditivas con estimacións de aparición de enfermidades, estimación de colleitas, períodos idóneos para a aplicación de produtos fitosanitarios ou períodos idóneos para a aplicación de fertilizantes. “Tamén está previsto que acolla un módulo de soporte á toma de decisións no ámbito do viñedo”, sinálase, destacándose tamén un módulo avanzado, MODCPA, que “permite acceder e usar información externa á plataforma, como imaxes, algoritmos, datos de dispositivos e sensores da internet das cousas (IoT), meteoroloxía etc”.
Ademais das aplicacións destinadas aos responsables das explotacións, a plataforma proporciona utilidades aos técnicos da Xunta de Galicia que traballan no ámbito agroforestal en tarefas como as inspeccións, a toma de decisións, a definición de políticas agrarias, a automatización e a simplificación de tarefas administrativas ou o fomento da comunicación coa cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?