Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alén Space pon en órbita o satélite SATMAR para a dixitalización das comunicacións marítimas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alén Space pon en órbita o satélite SATMAR para a dixitalización das comunicacións marítimas

S. P.
Publicado: 24/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

alen-space-lanzamiento-1.jpgSATMAR, satélite desenvolvido pola empresa galega Alén Space, despegou este luns 23 de xuño ás 23.25 horas (CEST) e desde a Base da Forza Espacial de Vandenberg (California, Estados Unidos), a bordo dun foguete Falcon 9 de SpaceX.
Pouco despois do lanzamento, ás 01.39 horas (CEST), Alén Space estableceu o primeiro contacto co satélite xa en órbita. “A partir de agora, comeza a fase de validación do funcionamento dos diferentes subsistemas e cargas útiles”, sinalou a firma viguesa, engadindo que o obxectivo principal de SATMAR é “abrir unha nova era para o sector marítimo coa demostración en órbita da viabilidade do estándar de comunicacións VDES, chamado a substituír no futuro ao actual sistema AIS (Automatic Identification System)”.
Alén Space engade que “esta nova tecnoloxía permite comunicacións bidireccionais vía satélite na banda VHF, mesmo en zonas afastadas da costa”.
satmar-satellite-1-2.jpgAs novas funcionalidades que ofrece o estándar VDES “tamén supoñen unha importante mellora da eficiencia, seguridade e sustentabilidade do tráfico marítimo, e novas posibilidades de servizos dixitais en contornas portuarias”, explican dende a firma galega.
Desenvolvido integramente por Alén Space, o satélite SATMAR forma parte dun proxecto no que participa como socio a empresa ourensá EGATEL e que conta coa colaboración do centro tecnolóxico Gradiant, tamén con sede en Vigo. A iniciativa foi financiada polo fondo Ports 4.0, un programa de apoio á innovación no sector marítimo impulsada por Portos do Estado e polas Autoridades Portuarias Españolas.
alen-space-lanzamiento-2.jpgO nanosatélite de tipo 6U operará sobre España e as súas augas circundantes, con casos de uso desenvolvidos en colaboración coa Autoridade Portuaria da Baía de Alxeciras e con outras empresas do sector, como Oritia & Boreas
O lanzamento reuniu o equipo de Alén Space nas instalacións da empresa en Nigrán (España) para vivir de primeira man a posta en órbita de SATMAR. Profesionais de todas as áreas de traballo da compañía seguiron en directo a engalaxe do satélite. “É un fito moi importante para nós”, explicou Guillermo Lamelas, director executivo (CEO) de Alén Space, “porque abre as portas a interesantes oportunidades de desenvolvemento de tecnoloxía e de negocio. Grazas a este novo estándar, os barcos poderán manter comunicacións constantes con terra firme mesmo en altamar, recibirán avisos de emerxencia en tempo real e poderán optimizar os seus roteiros para reducir o uso de combustible e os niveis de contaminación, entre outras posibilidades. É unha tecnoloxía que vai ter un impacto moi relevante no día a día das empresas do sector marítimo”.
satmar-satellite-2-2.jpgAdemais da súa misión principal, SATMAR incorpora unha carga útil secundaria que o converte nun laboratorio en órbita de radio definida por software (SDR). Entre as súas funcións destacan a monitoraxe do espectro radioeléctrico en bandas VHF, L e S, e a proba de novas tecnoloxías de comunicacións de alta velocidade en banda S.
No mesmo lanzamento viaxou o satélite IOD-2 de Startical, cuxo obxectivo é validar desde o espazo as comunicacións VHF de voz e datos en tempo real entre pilotos e controladores aéreos.
Esta misión, liderada por Startical, incorpora tecnoloxía de radio definida por software (SDR) desenvolvida por Alén Space, a través do seu produto TREVO, aplicado ás cargas útiles de VHF, ADS-B e feeder link.
O equipo de Alén Space encargouse de desenvolver a aplicación específica para carga útil de ADS-B e VHF, que se integra co segmento terreo para a prestación do servizo. Pola súa banda, a carga útil do satélite demostrador foi deseñada por Indra, co apoio de ENAIRE.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?