Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Asociación Boirense de Empresas aposta pola accesibilidade e a proximidade na súa nova web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Asociación Boirense de Empresas aposta pola accesibilidade e a proximidade na súa nova web

S. P.
Publicado: 25/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premios_abe_-_rev1513_-_lino_escuris.jpgA Asociación Boirense de Empresas (ABE) estreou nesta recta final de xuño a súa nova páxina web, dispoñible en www.abe.gal, como colofón ao proceso de renovación da súa identidade visual e denominación. En palabras da entidade empresarial, “o novo portal representa un salto cualitativo tanto na imaxe como na funcionalidade, apostando por un deseño moderno, dinámico e adaptado ás necesidades actuais de empresas e persoas usuarias”.
A nova web integra os principais servizos da ABE cunha navegación sinxela e intuitiva. Entre as funcionalidades destacadas atópanse as seguintes: acceso directo ao programa Puntos ABE, con rexistro de compras, catálogo de premios e solicitude de canxes; a Área de socios, con buscador por nome ou sector e descarga de directorios en PDF personalizados; o Marketplace, que ofrece acceso ás tendas en liña dos comercios asociados, impulsando o consumo local a través da canle dixital; reserva online de espazos e aulas da ABE; e formularios para asociarse ou inscribirse nas actividades formativas da entidade de forma rápida e sen papeis.
abe_nova_web.jpgSegundo explica a patronal boirense, un dos elementos máis innovadores do novo portal é a súa conexión directa co sistema de fidelización da ABE: “Esta integración permite unha xestión máis eficaz e accesible dos puntos, premios e campañas comerciais, reforzando unha das liñas estratéxicas máis ambiciosas da asociación”, sinalan dende a entidade, engadindo que se fixo un esforzo especial en reforzar o papel da ABE como “axente activa de información e dinamización local”. Isto acadarase a través das seguintes iniciativas en liña: publicación de novas actualizadas a diario sobre a actividade da asociación e o comercio local; galerías de imaxes dos eventos e campañas realizadas; es subscrición aberta ao boletín informativo, para “que calquera persoa interesada poida seguir a actualidade empresarial de Boiro”.
Segundo destacou o presidente da ABE, Daniel García, “con esta nova web damos un paso adiante no noso proceso de modernización e reafirmamos o compromiso coa dixitalización como ferramenta útil para o día a día das empresas e das persoas consumidoras”. Engadiu tamén que “este novo espazo dixital está pensado para facer máis doada a relación coa asociación, mellorar os servizos e seguir impulsando os negocios locais dende a proximidade e a innovación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?