Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA, a demanda de solo industrial e os retos enerxéticos, a debate na Pobra no II Foro Atlántico Empresarial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA, a demanda de solo industrial e os retos enerxéticos, a debate na Pobra no II Foro Atlántico Empresarial

S. P.
Publicado: 25/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

foto_a_pobra-_ii_foro_atlantico_empresarial.jpgO Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal acolleu este mércores 25 de xuño pola tarde o II Foro Atlántico Empresarial, un espazo no que empresarios, técnicos e representantes das administracións públicas puxeron en común a situación actual dos parques empresariais, pero tamén os retos de futuro. A xornada acolleu temas diversos, desde a aplicación da Intelixencia Artificial ás empresas, ata as posibles solucións á actual demanda de solo industrial, pasando polos novos retos da enerxía ou a internacionalización das compañías.
O alcalde, José Carlos Vidal, foi o encargado de inaugurar a cita, á que definiu como un espazo para a “reflexión e o intercambio de experiencias pensando no presente dos polígonos industriais, pero tamén no futuro”. Durante a súa intervención, o rexedor referiuse ao parque industrial da Tomada, que conta “cunha posición estratéxica, boas comunicacións e con empresas cunha gran traxectoria nas súas respectivas actividades económicas”. Vidal incidiu en que “A Tomada teno todo, pero fáltalle o máis importante: superficie industrial para cubrir a crecente demanda existente”. Neste sentido, o primeiro edil recordou que o Concello e SEA (Solo Empresarial do Atlántico) levan tempo promovendo un proceso de ampliación deste parque.
A continuación, Jose Antonio Vidal Romero, presidente da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos da Pobra do Caramiñal, analizou a situación actual dos empresarios e as súas demandas e necesidades.
Pola súa banda, Beatriz Sestayo, xerente de SEA, explicou a importancia de organizar estes encontros porque “son espazos de reflexión, aprendizaxe e experiencias que permiten tanto ás administracións públicas como ás empresas coñecer aspectos que envolven a actualidade do mundo empresarial e industrial, a fin de poder mellorar as nosas capacidades e aptitudes nun mundo en continua transformación”.
Tras estas intervencións comezou a primeira mesa de diálogo. Baixo o título IA, un reto para as empresas, Pablo Rivera Somorrostro, director executivo en 2Ksystems, expuxo como a Intelixencia Artificial pode axudar ás empresas a ser máis rendibles, competitivas, visibles, eficientes e sustentables. Tamén permitindo que tomen as mellores decisións en base á información coa que contan.
Belén Trigo, doutora e profesora de Dereito Civil da Universidade da Coruña inaugurou a segunda mesa: Solo industrial: solucións á demanda e novas fórmulas de comercialización e adxudicación. A continuación, interviñeron Antonio Quintela, Avogado de SEA, experto en Urbanismo, que tratou, dende unha perspectiva xurídica a planificación e desenvolvemento dos parques empresariais; e José Rey Hermida, que disertou sobre o dereito de superficie, unha modalidade que SEA desenvolve nos polígonos industriais que xestiona e que facilita aos empresarios a posibilidade de alugar con opción a compra as parcelas dos parques, con condicións moi vantaxosas.
Na terceira mesa, Empresa e enerxía: Retos, problemas e solucións, Rosa Salgueiro Rodríguez e Arturo Carrasco Iturra, ambos os dous enxeñeiros de Ireno Ingeniería y Energías Renovables, disertaron sobre a xeración de enerxía e almacenaxe enerxético nas industrias.
A última mesa levou por título Internacionalización de empresas. Nela, a directora territorial de comercio e ICEX en Galicia, Patricia Pérez Martínez, explicou detalladamente as axudas para a internacionalización de empresas e mercados exteriores.
Pola súa banda, a subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas, foi a encargada de pechar o acto. Durante a súa intervención, Rivas explicou que desde o Goberno se “está a traballar coas empresas man a man a través do Plan de Recuperación”. Neste sentido, apuntou que “8 de cada 10 euros mobilizados polo Plan de Recuperación en Galicia chegaron ás empresas para axudar a desenvolver, crecer, impulsar e traballar da man nunha Galicia mellor”.
maria_rivas_foro_pobra.jpg A subdelegada do Goberno comentou que na provincia da Coruña “só o Kit Dixital beneficiou a máis de 15.900 compañías que percibiron 66 millóns de euros para avanzar a súa tecnificación”. A nivel galego, a cifra de pemes beneficiadas por estes apoios foi de 45.000. Rivas lembrou que Kit Dixital é o programa pioneiro de Red.es de bonos para a adquisición de servizos dixitais, que puxo en marcha o Goberno de España con axudas a fondo perdido para apoiar e asesorar na transformación dixital de pemes e persoas autónomas, financiadas con fondos europeos.
O programa Kit Dixital, dotado con 3.000 millóns de euros, impactou en empresas instaladas no 92% dos concellos españois.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?