Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Remata Smartz4Milk marcando un antes e un despois na transformación do lácteo galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Remata Smartz4Milk marcando un antes e un despois na transformación do lácteo galego

S. P.
Publicado: 26/06/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

mesa_smartz4milk.jpgO proxecto Smartz4Milk para modernizar o sector lácteo galego a través da dixitalización, a sustentabilidade e a trazabilidade, chegou ao seu remate tras meses de traballo colaborativo entre empresas industriais, tecnolóxicas, universidades e centros de coñecemento. O peche celebrouse cunha mesa redonda no marco do Foro Galicia Alimentación, onde se presentaron os principais logros do proxecto e debateuse sobre o futuro do sector. Baixo o título Reinventar o sector lácteo: innovación e colaboración para un sector clave, participaron representantes de empresas como Grupo Lence, Bico de Xeado, CAPSA Vida e Queixería Prestes, coa moderación de Hugo Criado (Medrar Innovation Office).
Promovido polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) a través da Oficina Técnica Next Generation Galicia Food, Smartz4Milk contou cun financiamento de 9,7 millóns de euros do Ministerio de Industria e Turismo e da Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU, no marco do PERTE Agroalimentario.
mesa_smartz4milk_1.jpgO proxecto reuniu a 11 empresas —7 do sector lácteo e 4 tecnolóxicas— co obxectivo de afrontar os grandes retos do sector: mellorar a competitividade, reducir o impacto ambiental, garantir a rastrexabilidade completa dos produtos e facilitar a toma de decisións baseada en datos.
Principais avances e resultados do proxecto
Ao longo do proxecto desenvolvéronse 18 subproxectos primarios, organizados en tres grandes eixos: dixitalización, sustentabilidade e rastrexabilidade. Estes son algúns dos fitos destacados por empresa participante:
AMSlab
Puxo en valor a rastrexabilidade como ferramenta estratéxica para garantir procesos máis sostibles e transparentes. Grazas ao proxecto, desenvolvéronse novos métodos analíticos para o estudo de proteínas do leite en fases clave da produción, permitindo detectar variacións nos procesos e mellorando a eficiencia xeral do sector.
ASM Soft
Desenvolveu unha solución dixital para xestión de operacións da industria láctea, que permita ás pemes participantes avanzar cara a modelos de fábrica conectada, xerando un sistema adaptable, flexible e replicable para outras empresas do sector. A solución dispón dunha integración con PITSA e con algoritmos de IA para a análise avanzada de datos.
Bico de Xeado
Traballou no desenvolvemento dunha nova referencia de produto apoiada en tecnoloxía de infravermellos. Tamén mellorou a eficiencia dos seus procesos internos con ferramentas de Big Data e deseñou un sistema de rastrexabilidade e seguridade alimentaria que integra blockchain, proteómica e Intelixencia Artificial cuántica.
CAPSA Food
Puxo o foco na mellora do proceso produtivo. Desde a conceptualización da plataforma PITSA, a compañía detectou novos puntos de información que antes non eran visibles, o que facilita a optimización da toma de decisións en tempo real.
CLUN
Logrou un dos maiores desafíos do sector. A cooperativa conseguiu establecer un sistema para o intercambio seguro de datos entre dispositivos, sistemas e servizos, un paso fundamental cara á conectividade de planta.
Grupo Lence
Integrou todos os seus datos de rastrexabilidade nunha plataforma única. Esta ferramenta permite controlar de forma sinxela toda a cadea, desde a recollida do leite, pasando pola súa transformación, ata a distribución do produto final. O novo sistema mellorou a transparencia, simplificado procesos e aumentado a capacidade de resposta.
Queixería Prestes
Logrou converter residuos xerados na planta queixeira en novos produtos sostibles e de alto valor engadido. Ademais de investigar no uso de novos materiais con quitosano e extracto de ortiga como envases biodegradables innovadores que mantivesen o afumado característico dos seus queixos. Finalmente, habilitouse un sistema avanzado de tratamento de augas residuais baseado en humidais artificiais mixtos, que permitiu reducir a pegada hídrica da planta.
Queizuar
Logrou a dixitalización completa da súa planta, incorporando sensores para análises en liña, sistemas de rastrexabilidade durante a curación dos queixos e control de etiquetaxe mediante Visión Artificial. Tamén mellorou a súa eficiencia no uso de recursos, reforzando o seu compromiso coa sustentabilidade.
Plexus Tech
Traballou no deseño de ferramentas preditivas que permiten anticipar necesidades de mercado e a industria, e adaptar procesos en función da evolución do sector. As solucións aplicadas permiten trazar o produto de forma completa, desde a orixe ata o consumidor, certificándoas en blockchain.
Sixtema
Desenvolveu solucións adaptadas ás necesidades reais do sector. A empresa destacou o valor do proxecto para conectar todos os elos da cadea e achegar a tecnoloxía tanto a compañías familiares como a estruturas máis industrializadas.
Ademais das solucións tecnolóxicas desenvolvidas, Smartz4Milk xerou un novo modelo de cooperación no sector, integrando coñecemento, datos e procesos para afrontar os grandes retos do presente e do futuro.
O proxecto permitiu sentar as bases para “unha industria láctea máis eficiente, sostible e conectada”, sinalaron dende CLUSAGA, engadindo que “Galicia conta agora cunha folla de roteiro claro para seguir impulsando a transformación dixital do seu tecido agroalimentario”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?