Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo xa fornece telefonía e Internet de alta velocidade a 15.000 pemes e autónomos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo xa fornece telefonía e Internet de alta velocidade a 15.000 pemes e autónomos

S. P.
Publicado: 27/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

adamo_piotr_jagucki_pixabay_.jpgA operadora Adamo, moi presente nos concellos do rural de Lugo, prosegue co seu crecemento tanto no ámbito das pequenas e medianas empresas como no segmento dos traballadores por conta propia. Así, o operador xa fornece telefonía, Internet de alta velocidade e outros servizos engadidos a un total de 15.000 pemes e persoas autónomas.
Adamo explica que esta liña de traballo ten especial importancia para a operadora, “posto que o 99,8% das empresas son pemes, xerando estas ata o 66% do emprego, é dicir, a práctica totalidade dos tres millóns de sociedades que existen en España; e ademais o número de autónomos sitúase nos 3,4 millóns de traballadores”.
A maiores, Adamo quere poñer en valor tanto esas cifras como os seus propios resultados precisamente este 27 de xuño, data en que se celebra o Día da Peme.
Cabe destacar que Adamo proporciona a pemes e autónomos fibra óptica de entre 400 Mb e 1 Gb en función das necesidades de cada negocio, móbil de 50 GB ou ilimitado e a posibilidade de agregar fixo con chamadas sen límite.
A compañía completa a súa oferta para pemes e autónomos con distintas opcións que poden sumarse a telefonía e Internet. De entrada, un dos soportes máis demandados neste eido: centrais, que poden ser tanto virtuais como físicas (as tradicionais), con ata 20 extensións e con postos en calquera parte do mundo.
Así mesmo, Adamo ofrece a pemes e empregados por conta propia o deseño dunha web profesional, con aloxamento de alta seguridade, certificado SSL e dominio propio ou importado. Tamén mellorar a visibilidade dixital posicionando cada negocio en ata 42 plataformas, tales como Google My Business, Bing ou Waze. Do mesmo xeito, a operadora axuda en dixitalización, creando un correo electrónico de empresa personalizado, seguro e con sincronización entre dispositivos.
Finalmente, Adamo conta coas seguintes ofertas comerciais específicas para ambos os grupos:
-Tarifa Negocio: fibra de 400 Mb con móbil de 50 GB por 29 euros.
-Tarifa Negocio Total: fibra de 1 Gb e fixo e móbil ilimitados por 39 euros.
-Tarifa Negocio Prol: fibra de 1 Gb con Wi-Fi 6 e fixo e móbil ilimitados con central por 69 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?