Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Cultura Galega estrea o podcast Castelao a carón de nós
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Cultura Galega estrea o podcast Castelao a carón de nós

S. P.
Publicado: 27/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ccg_ds_castelao_acaron.jpgO Consello da Cultura Galega estrea un documental sonoro en tres episodios sobre a vida e obra de Castelao na súa nova plataforma de podcast, Ágora. Castelao a carón de nós é o primeiro título dunha serie de producións en formato de programa radiofónico en liña coas que o CCG quere incrementar a oferta sonora de calidade en lingua galega na Rede. Os programas céntranse na figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, coincidindo coas celebracións do 75 cabodano do seu pasamento, “nunha oportunidade para escoitar as voces expertas sobre a obra literaria e gráfica do autor”, sinala o CCG, engadindo que o documental está producido por Arraianos Producións.
Castelao a carón de nós consta de tres capítulos de trinta minutos cada un no que diferentes voces actuais achegan unha nova lectura sobre a vida e obra de Castelao. O director do documental, o xornalista Aser Álvarez, agarda que o podcast sirva como un xeito amable de facer chegar o legado do autor a novos públicos. “Queremos enfocar a divulgación da súa obra dende un punto de vista contemporáneo, baixar ao escritor do pedestal de figura mítica intocable e achegarnos á xente nova e oíntes que non son lectores habituais”.
O podcast percorre as etapas da vida de Castelao dende a súa nenez e adolescencia, ata o seu anos de exilio na Arxentina, pasando pola súa faceta de compromiso político. Está dividido en episodios de ao redor de 30 minutos. O formato conta coa música de Moisés Quintas e un deseño sonoro inmersivo, que evoca os territorios e espazos que habitou o rianxeiro. Conta ademais con fragmentos da súa obra e voces plurais que achegan diferentes pinceladas sobre a súa persoa, relacións e obra literaria e pictórica. Participan no documental Paula Carballeira, Marilar Aleixandre, Miguel Anxo Seixas, Henrique Monteagudo, Núñez Seixas, Siro López, Ángeles Tilve e Noni Araújo.
Ágora é a nova plataforma de difusión de podcasts do Consello da Cultura Galega. Nela reúnense producións sonoras específicas canda unha escolma de conferencias impartidas no CCG de temática diversa e que permiten coñecer unha diversidade de temas da man de expertos que participaron en xornadas e congresos da institución.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?