Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FEMUPO clausura o Proxecto Ás con 13 mulleres formadas no manexo profesional de drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FEMUPO clausura o Proxecto Ás con 13 mulleres formadas no manexo profesional de drons

S. P.
Publicado: 30/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

proxecto_as_clausura_drons.jpgO pasado sábado 21 de xuño celebrouse en Pontevedra o acto de clausura do Proxecto Ás,unha iniciativa impulsada pola Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (FEMUPO) e financiada pola Deputación de Pontevedra, coa que se formou a un grupo de mulleres no uso profesional de drons.
Das 16 mulleres participantes seleccionadas, 13 completaron con éxito a formación, obtendo a acreditación oficial como operadoras de UAS (vehículos aéreos non tripulados) na categoría aberta A1/A3 e A2. “Este logro”, informou FEMUPO, “representa un paso importante cara á inserción laboral feminina en sectores tecnolóxicos fortemente masculinizados”.
O acto de peche contou coa presenza da deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos, que quixo acompañar ás asistentes ao curso nun día moi especial para elas, recoñecendo o seu esforzo e o valor deste tipo de programas para avanzar cara á igualdade real de oportunidades.
Durante a clausura fíxose entrega dos diplomas acreditativos e dos drons persoais a cada unha das mulleres formadas. Ademais, a xornada incluíu unha demostración práctica de voo, onde as participantes puideron amosar os seus coñecementos e habilidades en materia aeronáutica.
“Este proxecto é unha aposta pola igualdade, pola formación con futuro e polo apoderamento real das mulleres. Desde FEMUPO estamos orgullosas de seguir abrindo camiños onde antes había barreiras”, sinalaron desde a organización.
O Proxecto Ás ofreceu unha formación de 24 horas (16 horas de teoría, 4 de prácticas e 4 de exame), en colaboración con profesionais acreditados pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), e con accións formativas presenciais en Pontevedra e Tui. A entrega do dron ao finalizar o curso permite ás participantes continuar practicando e explorar oportunidades laborais ou de emprendemento neste sector en expansión.
Desde FEMUPO agradeceron á Deputación de Pontevedra “o seu compromiso co avance das mulleres, así como a todas as entidades e persoas colaboradoras que fixeron posible este proxecto transformador”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?