Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadoras do CITIC participan en Lituania na 3ª fase de formación de Design2Freedom
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadoras do CITIC participan en Lituania na 3ª fase de formación de Design2Freedom

S. P.
Publicado: 30/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_design2freedom-group-1024x760.jpgO equipo do CITIC da Universidade da Coruña, formado por María del Carmen Miranda Duro, Betania Groba González, Patricia Concheiro Moscoso e Valentina Bouzada Salias participou a semana pasada na terceira fase de aprendizaxe, formación e transferencia (LTT3) do proxecto Erasmus+ Design2Freedom, que se celebrou do 24 ao 26 de xuño en Vilniaus Kolegija/Higher Education Institution (VIKO), situada en Vilnius, Lituania.
Durante esta sesión de intercambio de experiencias, socios de universidades de España, Lituania e Eslovaquia presentaron e debateron os resultados dos seus estudos piloto para habilitar e aplicar metodoloxías inclusivas e de deseño centrado na persoa na educación superior.
O proxecto Design2Freedom ten como obxectivo principal fomentar a innovación educativa e a inclusión social mediante o deseño colaborativo e participativo, traballando con comunidades vulnerables para desenvolver solucións inclusivas.
carmen-miranda-scaled.jpgO estudo piloto realizado na Universidade da Coruña (UDC), coñecido como Design4Occupation, contou coa participación de 92 persoas en total, incluíndo 61 estudantes, 25 profesores, persoal de investigación e profesionais, así como 6 persoas con discapacidade que achegaron propostas de desafíos reais. As entidades asociadas nesta iniciativa son COGAMI e ASPACE.
Durante este piloto, os estudantes de Terapia Ocupacional traballaron en equipos mixtos con usuarios destas organizacións e recibiron apoio multidisciplinar do profesorado e alumnado de Enxeñería en Informática, Educación, Logopedia e Traballo Social. Xuntos deseñaron produtos e servizos tecnolóxicos destinados a mellorar a autonomía e a calidade de vida de persoas con diversidade funcional.
citic_patricia-concheiro-scaled.jpgO principal obxectivo do estudo piloto é integrar o deseño centrado na persoa no currículo de Terapia Ocupacional e abrir a porta para que outras disciplinas adopten este modelo. Ademais, preténdese aumentar a conciencia dos estudantes de primeiro curso de Terapia Ocupacional sobre a inclusión das persoas con discapacidade mediante a aprendizaxe baseada en retos reais. O proxecto facilita a participación activa de usuarios de ASPACE e COGAMI, ofrecendo aos estudantes un contacto temperán e auténtico con persoas con discapacidade, o que contribúe a unha aprendizaxe máis significativa.
Así mesmo, o programa busca crear sinerxías entre Terapia Ocupacional e outras disciplinas para co-deseñar tecnoloxías inclusivas innovadoras que respondan ás necesidades reais das persoas con discapacidade. Desta forma, abórdanse desafíos comunitarios, contribuíndo así a unha sociedade máis inclusiva e accesible.
betania-groba-y-carmen-miranda-scaled.jpgNa reunión de traballo de Lituania, as investigadoras do CITIC Betania Groba, Carmen Miranda, Patricia Concheiro e Valentina Bouzada presentaron os resultados desta sesión piloto celebrada no CITIC en maio, onde se mostraron os avances, as metodoloxías aplicadas e as principais aprendizaxes.
A axenda do evento incluíu relatorios sobre deseño inclusivo, modelos centrados na persoa, metodoloxías creativas como Design Thinking, atención á diversidade na educación superior e a exposición dos avances alcanzados por todos os socios do proxecto, así como unha visita ás instalacións da universidade e espazos de encontro para promover alianzas sostibles.
Design2Freedom é unha iniciativa europea financiada por Erasmus+ que busca transformar a educación superior nun espazo accesible e participativo, formando profesionais capaces de deseñar solucións adaptadas ás necesidades reais de todas as persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?