Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone España reciclou ou reutilizou 1.200 toneladas de dispositivos no último ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone España reciclou ou reutilizou 1.200 toneladas de dispositivos no último ano

S. P.
Publicado: 01/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone_small-vf_business_hairpin_aerial_rgb.jpgVodafone España emitiu un informe sobre a súa actividade sustentable relacionada co tratamento de refugallos. No balance fai saber que reutilizou ou reciclou 1.287.161 kg. de residuos electrónicos de forma responsable, reducindo o uso de materias primas e evitando a xeración de residuos innecesarios no seu último ano fiscal (finalizado o 31 de marzo). Desta forma, o 98,2% dos dispositivos acadaron unha segunda vida e o outro 1,8% reciclouse.
Un dos eixos principais desta estratexia é a extensión da vida útil dos dispositivos. Vodafone ofrece servizos de reparación en tendas ou a domicilio, permitindo aos clientes manter as súas terminal en funcionamento mesmo fóra do período de garantía. Desta forma, no informe sinálase que reparáronse máis de 82.669 dispositivos, grazas a programas como Vodafone Care e ao uso de terminal de substitución durante o proceso.
En canto á reutilización, Vodafone dispón dun servizo de recompra de terminais en bo estado que xa non son utilizados polos clientes. Estes dispositivos reacondiciónanse e redistribúense, en moito casos, en países en desenvolvemento, facilitando o acceso á tecnoloxía a un prezo máis alcanzable e evitando que estes aparellos terminen como residuos. Ademais, Vodafone recuperou máis de 1 millón de equipos de banda larga e televisión tras a baixa de clientes e reutilizou 1,24 millóns de unidades, o que representa o 84% das instalacións realizadas este ano.
Tamén se desenvolveron iniciativas para reducir o impacto ambiental dos accesorios. Aplicáronse procesos para recuperar carcasas e fíos, e elimináronse os plásticos innecesarios na embalaxe de produtos. De forma simultánea, a compañía promove o uso de Eco-SIM fabricadas con plástico reciclado e fomenta o uso da eSIM dixital, que elimina a necesidade de tarxetas físicas.
Ademais, Vodafone participa en Eco Rating, un sistema que informa o cliente sobre o impacto ambiental dos teléfonos móbiles, incentivando así decisións de compra máis sostibeis. E no plano industrial, colabora no Asset Marketplace, unha plataforma que facilita a compravenda de equipos de rede usados. “Grazas a esta iniciativa, evitamos a emisión de 348,18 toneladas de CO₂ e reducimos a necesidade de producir novos equipos”, sinalou a operadora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?