Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O COAG presenta a ferramenta gratuíta PAUTA para o fomento dos procesos de contratación pública
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O COAG presenta a ferramenta gratuíta PAUTA para o fomento dos procesos de contratación pública

S. P.
Publicado: 02/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

presentacion_pauta_borrell_maria_pierres_heriberto_garcia_alfaya_e_toral_1.jpgO Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) presentou no Museo do Pobo Galego, en Santiago, o Programa PAUTA, unha aplicación gratuíta destinada a axudar ás Administracións Públicas na organización de concursos de proxectos de arquitectura, elaborada polo COAG. O Colexio pon a disposición das Administracións esta ferramenta pensada para facilitar e axilizar o proceso de convocatoria dos concursos públicos de arquitectura.
O acto estivo presentado polo decano do COAG, Luciano Alfaya, e contou coa asistencia do secretario Xeral de Vivenda e Urbanismo e director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, entre outras/os. Explicaron que PAUTA é unha guía para saber como presentar os criterios básicos nun concurso de proxectos de arquitectura, facilitando a toma de decisións e fomentando a contratación de proxectos e obras públicas a través dun cálculo fiable dos custos e prazos da convocatoria do concurso.
A ferramenta ofrece orientación ás Administracións Públicas na convocatoria de concursos de proxectos de arquitectura, axudando coa metodoloxía –prazos, fases e organización dos concursos de proxectos de arquitectura–, no cálculo dos orzamentos de construción, cos requirimentos que se precisen, e no custo dos servizos de arquitectura que se desexen contratar.
Os representantes do COAG explicaron que a aplicación é “moi intuitiva e permite seleccionar o tipo de proxecto, ben proxectos de edificación (edificio de vivendas, espectáculo e hostalería, usos administrativos, docentes, públicos, relixiosos, sanitarios, deportivos e recreativos, aparcadoiros, almacéns e industria e demolicións) ou proxectos de urbanismo (demolicións, obras específicas de infraestruturas ou obras globais de urbanización)”.
Luciano Alfaya engadiu que o COAG “é consciente das dificultades que existen actualmente na contratación pública da arquitectura, e do esforzo que se fai desde todas as Administracións Públicas para conseguir a maior axilidade e calidade na contratación” e apuntou que “o COAG realiza dende sempre un esforzo por establecer acordos e convenios cos entes públicos para colaborar en concursos e proxectos. Agora mesmo, estamos traballando con 22 administracións. Con esta aplicación pretendemos potenciar a convocatoria de concursos para alcanzar unha arquitectura de calidade, abrir o mercado o máis posible e facilitar aos concellos esta xestión”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?