Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo Transforma incorpora a empresa aeroespacial Vig Sec Drone ao seu fondo de investimento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo Transforma incorpora a empresa aeroespacial Vig Sec Drone ao seu fondo de investimento

S. P.
Publicado: 03/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

070225_foto_lugo_transforma_incorpora_a_empresa_aeroespacial_vig_sec_drone_ao_seu_fondo_de_investimento_elevando_a_once_o_numero_de_participadas.jpgO alcalde de Lugo, Miguel Fernández, anunciou a incorporación da empresa Vig Sec Drone, S.L. ao fondo de investimento público-privado Lugo Transforma, elevando a once o número total de compañías participadas e superando os 3,4 millóns de euros investidos.
A empresa, fundada no ano 2019 en A Lama (Pontevedra), está especializada na consultoría e formación en aviación con drons, e desenvolveu ACRE, un innovador software de xestión do espazo aéreo en situacións de emerxencia que permite a coordinación simultánea de drons e helicópteros, unha tarefa ata agora practicamente imposible por cuestións de seguridade.
O rexedor, que estivo acompañado por Rubén Gil, director executivo (CEO) da empresa e Noelia Gil, co fundadora e CFO, así como por Jorge Leiro analista de inversións de Torsa Capital, entidade xestora do fondo, destacou a importancia estratéxica desta incorporación para o tecido produtivo da cidade.
“Este é o tipo de proxectos que queremos atraer con Lugo Transforma: empresas que innovan, que xeran emprego e que teñen un impacto na sociedade”, explicou, engadindo que “Vig Sec Drone prevé crear 30 empregos directos na nosa cidade antes de 2029, axudando a que Lugo medre con proxectos sólidos e de futuro”.
A empresa xa se atopa instalada na rúa do Palomar, nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos, e actualmente conta cun equipo de 15 persoas. A previsión de crecemento da compañía está aliñada co propio sector, que estima un crecemento anual composto (CAGR) do 7% ata 2029.
O investimento por parte do fondo Lugo Transforma é de 300.000 euros en capital, dentro dunha rolda total de financiamento de 600.000 euros, que permitirá á empresa ampliar os seus equipos operativos e técnicos.
Vig Sec Drone foi apoiada previamente por entidades como GAIN, ENISA, ViaGalicia ou a incubadora aeroespacial BFAERO, impulsada pola Xunta de Galicia e con sede tamén en Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?