Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña premia proxectos tecnolóxico-culturais para a mellora social
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña premia proxectos tecnolóxico-culturais para a mellora social

S. P.
Publicado: 03/07/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

deputacion_coruna_proxectos_ganadores_cultura.jpgO Pazo Provincial da Deputación da Coruña acolleu este 3 de xullo un encontro coas 20 empresas gañadoras do I Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social. Trala presentación da deputada de Cultura, Natividade González, e a explicación técnica da xefa de sección, Manuela Lorenzo, as persoas representantes de cada proxecto explicaron cadansúa proposta. Este certame reparte un total de de 298.433 euros entre os 20 proxectos premiados, en achegas de entre 7.500 e 22.500 euros.
A listaxe inclúe gravacións podcasts, contidos dixitais e unha proposta de Iago Gordillo destinada a localizar videoxogos en galego, creando un catálogo de videoxogos na nosa lingua, dinamizándoo e cunha campaña de difusión do mesmo.
O obxectivo é “apoiar os iniciativas culturais que desenvolven propostas en lingua galega de interese para campos de acción social como os seguintes: igualdade, dereitos civís, respecto á diversidade, respecto ambiental, aumento de estima colectiva e cohesión social, integración social, sensibilización patrimonial e identidade local, memoria democrática etc”.
As persoas representantes dos proxectos premiados explicaron as súas propostas e agradeceron o apoio da Deputación da Coruña, afirmando que “de non ser por este certame, moitos destes proxectos non verían a luz xa que non teñen unha orientación lucrativa”.
Proxectos premiados
-Laura Romero presenta o proxecto Cores e rock para un ecoloxismo molón con Pakolas, que xunta música e ilustración nun espectáculo para un público infantil, destinado concretamente a colexios pequenos e Unitarias.
-María Victoria Teijeiro Alvarez. ComunitArte: Comunicación, Comunidade e Arte que pon o foco na inclusión a través de representacións nas rúas con e sen diversidade funcional.
-Juan Pablo Rodriguez Santiago. Antes aquí había un muíño pretende recuperar a memoria do muíño da Gramela, na Agra do Orzán a través de intervencións artísticas, obradoiros, accións poéticas ou unha exposición fotográfica no barrio para traballar os vínculos da comunidade.
-Zinthia Del Valle Alvarez Palomino. A Coruña entre memorias. Historia, colonialismo e identidade. A través de actividades de investigación e divulgación analiza a pegada colonial na Coruña, urbanización, no patrimonio, e identidade local, e recoñecer o papel esencial de grupos de persoas inferiorizados e visibilizar experiencias e memorias.
-Aantena. Eco de sol. Proxecto interdisciplinar de teatro, memoria e participación cidadá para reflexionar sobre identidade e territorio.
-Rebordelos.Regatos polo aire. Curta documental que captura o saber, as ferramentas e o proceso de elaboración das sellas, así como a relación da cultura galega coa auga e o proceso cultural que se está perdendo. Tamén inclúe concertos en fontes da Coruña.
-Azul Mais Verde. Tempos para compartir: Espeteiras comunais na area. Recuperar o imaxinario e crear conciencia medioambiental promovendo a inclusión social a través das espeteiras, un moble tradicional, que se instalarán en diferentes praias de concellos da Costa da Morte.
-Elefante Elegante. Proxecto de mediación integral que fomenta a xeración de públicos e a activación do pensamento crítico arredor da temática de alta costura, espectáculo que reflexiona sobre a industria téxtil e as súas consecuencias socio – ambientais.
-Nós Television. O Vagón, videopodcast televisivo da cultura galega. Unha viaxe en tren conducida polo xornalista Luís Pardo e a influente @todomalva.
-Artyc Content. Becho. Curtametraxe de animación baseada nunha historia real que aborda a ansiedade social dunha persoa non binaria, que habita nun novo contexto poñendo o foco nos seus sentimentos.
-Work On Sunday. Amplificando a memoria. Investigación patrimonial da familia Portela Seijo a través dunha instalación sonora; sesións de escoitas comisariadas por artistas e colectivos locais e internacionais, e un panel didáctico.
-Despunte. Martinete: maquetas accesibles do patrimonio industrial coruñés. A actuación principal é a realización dunha maqueta interactiva e accesible dun martelo de foxo hidráulico para divulgar o patrimonio industrial galego.
-Iago Gordillo Trigo. Xogo galego. Un proxecto destinado a localizar videoxogos en galego, creando un catálogo de videoxogos na nosa lingua, dinamizándoo e cunha campaña de difusión do mesmo.
-Tarabela Creativa. Cruzar sen mirar. Un videopodcast que ten como elemento principal un espello, e que fala sobre a inmigración da man de diferentes ONGs e entidades para facer un proceso previo de investigación.
-Laboratorio Escenico. Miña casiña, meu lar é un proxecto teatral de identidade galega para defender os barrios (concretamente, Montealto) e o dereito á vivenda, que aborda a cuestion de clase, patrimonio e cohesión.
-Charlatana. Herdeiras dun mar de madeira. Proxecto documental que nace da inquedanza sobre unha historia familiar vinculada á carpintería de ribeira.
-Xosé Antón Moure. Documental sobre a vida de Alexandre Finisterre: inventor, loitador pola liberdade, antifascista e creador comprometido coa cultura.
-Serea Producións. Antes de que o leve o vento. Historia audiovisual sobre unhas pequenas sementes e a súa rastrexabilidade para poñer o foco no que comemos para atopar e dar a coñecer as sementes autóctonas galegas.
-Ciencia Galega Industrias Creativas. Ciencia é Nome de Muller. Documental e unidade didáctica sobre as científicas coruñesas da actualidade e os seus referentes.
-Aqueladas. Marzo 68. Documental interactivo enfocado á rapazada sobre o peche de estudantes na USC en marzo do 68, precedente á primavera francesa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?