Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abren as súas portas o CITIC, o CITENI, o CICA, o CITEEC e o SAI a través de UDC Conecta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abren as súas portas o CITIC, o CITENI, o CICA, o CITEEC e o SAI a través de UDC Conecta

S. P.
Publicado: 04/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20250704_udc_conecta_citic_1.jpgA Universidade da Coruña, a través da súa Oficina de Transferencia de Coñecemento (OTC), puxo en marcha un ciclo de visitas técnicas aos seus centros de investigación e ao Servizo de Apoio á Investigación (SAI), no marco da iniciativa UDC Conecta, coa finalidade de dar a coñecer ao tecido empresarial e institucional da contorna as capacidades científico-tecnolóxicas da institución.
As visitas desenvolvéronse entre os días 10 e 20 de xuño e permitiron a 53 persoas –37 procedentes de empresas e 16 de entidades públicas e privadas– percorrer os catro centros de investigación da UDC (CITIC, CITENI, CICA e CITEEC), así como as instalacións do SAI. A través de presentacións e visitas guiadas, o ciclo facilitou o contacto directo co persoal investigador e técnico da universidade, favorecendo o diálogo e a exploración de sinerxías para futuras colaboracións.
O ciclo de visitas comezou o 10 de xuño no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Investigación e as Comunicacións (CITIC), centro de referencia estatal en innovación dixital. As persoas asistentes puideron coñecer as súas liñas prioritarias de investigación, como a Intelixencia Artificial, a análise de información a gran escala (Big Data), a ciberseguridade ou a eSaúde; así como percorrer os seus espazos tecnolóxicos e laboratorios especializados.
20250704_udc_conecta_citeni_1.jpgSeguiulle na quedan de visitas o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), no Campus Industrial de Ferrol, onde se puxo de manifesto a súa capacidade de transferencia tecnolóxica no eido da enxeñaría naval e industrial, con visitas a espazos como o túnel de vento, o canal de experiencias hidrodinámicas ou os laboratorios de procesado de materiais, fabricación aditiva, enerxía, tecnoloxía nuclear e simulación.
Pola súa banda, o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) amosou o seu ecosistema investigador enfocado en retos como a saúde, o medio ambiente e os materiais avanzados. Durante a visita, presentáronse liñas de traballo en biomedicina, alimentación, contaminación, nanociencia e biomateriais.
20250704_udc_conecta_cica.jpg O ciclo rematou o 20 de xuño co percorrido polo Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), destacando infraestruturas singulares como a dársena de ondada, o túnel de vento ou os laboratorios de hidráulica ou os espazos de estradas, xeotecnia e estruturas.
Incluíuse tamén o Servizo de Apoio á Investigación (SAI) que amosou as súas unidades técnicas especializadas. Este servizo presta apoio técnico-científico á actividade investigadora da UDC e supón, en palabras da UDC, “un recurso clave tanto para o persoal investigador como para empresas e entidades que demandan análises avanzadas e soporte especializado para os seus proxectos”.
Como dixemos, esta acción enmárcase na estratexia de UDC Conecta, plataforma creada para facilitar a conexión entre o ecosistema investigador da Universidade da Coruña e o tecido produtivo e institucional. Desde a OTC avanzan que está prevista unha nova edición deste ciclo, que será anunciada en datas vindeiras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?