Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPeme+ achega tres novos obradoiros centrados na transformación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPeme+ achega tres novos obradoiros centrados na transformación dixital

S. P.
Publicado: 07/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme_900x600-3.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta semana tres novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato telemático e presencial (todas elas requiren inscrición previa), celebraranse entre o luns 7 e o xoves 10 de xullo e afondarán en cuestións como a mercadotecnia dixital, a creación de sitios web ou o Kit Dixital.
Este luns 7 de xullo celebrarase o obradoiro en liña Crea a túa páxina web con Elementor, a partir das 11.00 horas e organizado pola oficina de Ponteareas. Elementor permitirá aos participantes, gratuitamente e sen ter coñecementos de programación, crear o seu sitio web de WordPress de maneira profesional, doada e rápida. A sesión será impartida por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o mercadotecnia dixital. As inscricións pódense realizar no formulario dispoñible.
O martes 8 de xullo, en formato telemático ás 11:00 horas, terá lugar o obradoiro CRO: consegue que o teu sitio web venda (máis) coordinado pola oficina do Porriño. Está dirixido a persoas que non saben como converter en vendas as visitas do seu espazo en Internet. Da man de Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais e con máis de 8 anos de experiencia en proxectos web, aprenderán técnicas básicas, pero infalibles, para transformar os visitantes en clientes. Os interesados poden inscribirse no formulario.
Por último, o xoves 10 de xullo, a Deputación organiza ás 12:00 horas o obradoiro presencial Kit Dixital: como sacarlle o máximo proveito, organizado pola oficina de Cambados. O Kit Dixital é unha iniciativa do goberno español dirixida a pemes e autónomos co obxectivo de impulsar a súa transformación dixital a través de axudas financeiras. Nesta sesión, o axente autorizado do programa, Ángel Chantre, guiará os participantes por todo o proceso para poder acceder a estas subvencións e aproveitar ao máximo os seus beneficios. As inscricións pódense realizar neste formulario.
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Peme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?