Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 331 centros educativos da Coruña participaron nas actividades do Plan Director contra o ciberacoso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 331 centros educativos da Coruña participaron nas actividades do Plan Director contra o ciberacoso

S. P.
Publicado: 07/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rivas_plan_director_betanzos.jpgA subdelegada do Gobierno de España na Coruña, María Rivas, fixo balance das medidas postas en marcha para garantir usos saudables, seguros e respectuosos das novas tecnoloxías nas aulas, a través do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos (Ministerio do Interior), materializado coa importante colaboración da Garda Civil e a Policía Local dos concellos. Fíxoo o pasado 4 de xullo, na a Xunta Local de Seguridade no Concello de Betanzos, xunto coa alcaldesa María Barral. Rivas destacou “o traballo conxunto dos axentes” no dito municipio.
Tamén salientou que a través deste programa, a Garda Civil levou a cabo 44 actividades en catro centros educativos de Betanzos, con 1.055 participantes da comunidade educativa. As actividades centráronse en temas de ciberseguridade e TIC, acoso escolar e ciberacoso, temas de violencia de xénero, aspectos sobre drogas e alcol ou a protección de datos persoais e outras adiccións en apostas ou videoxogos.
“O Plan Director aborda as inquietudes actuais de familias e profesorado, incorporando temáticas relevantes e conectadas coa realidade do alumnado”, apuntou Rivas.
Obxectivo: coordinación
O Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas é un programa do Ministerio de Interior do Gobierno de España que ten como obxectivo a coordinación entre a comunidade educativa e as Forzas e Corpos de Seguridade para previr e detectar situacións de risco entre a xente nova, así como sensibilizar ao alumnado e contribuír á súa formación no respecto aos dereitos fundamentais e aos valores da igualdade e dignidade humana.
Rivas sinalou que os datos de participación e das actividades realizadas nos centros educativos da provincia da Coruña no último ano corroboran a boa aceptación deste Plan nos centros educativos da provincia coruñesa na que se realizou o 40% das actividades realizadas en toda Galicia no ano 2024, con 2.016 dun total de 5.027. Asistiron a estas propostas 35.744 persoas da comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) dun total de 144.761 participantes en Galicia. Os centros participantes na provincia da Coruña foron 331, dos 953 que o fixeron a nivel autonómico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?