Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O profesor Paulo Cortez expón no CITIC as múltiples capacidades transformadoras da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O profesor Paulo Cortez expón no CITIC as múltiples capacidades transformadoras da IA

S. P.
Publicado: 08/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

conferencia-paulo-cortez-768x512.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu este luns 7 de xullo a conferencia do profesor Paulo Cortez, catedrático da Universidade do Minho, considerado unha das principais voces no campo da Intelixencia Artificial aplicada. A charla, titulada Artificial Intelligence for Predictive and Prescriptive Analytics: Methods and Applications, tivo lugar na Sala Cloud do CITIC e reuniu un público formado por persoal de investigación, profesionais do sector tecnolóxico e estudantes, tanto de forma presencial como en liña.
A actividade enmarcouse na estratexia do CITIC de fortalecer o intercambio de coñecemento científico e fomentar a colaboración con centros de investigación internacionais de referencia.
Durante a súa intervención, Cortez ofreceu unha visión detallada de como as técnicas de Machine Learning (aprendizaxe máquina), optimización evolutiva e modelos explicables (XAI) poden aplicarse de forma eficaz para predicir comportamentos complexos e prescribir accións en contornas reais.
O profesor expuxo casos de estudo en distintos sectores produtivos, baseados na súa experiencia de máis de dúas décadas. No ámbito da saúde, mostrou como é posible predicir eventos críticos en unidades de coidados intensivos mediante modelos de aprendizaxe automática aplicados a datos clínicos. Tamén presentou as súas investigacións na industria vinícola, centradas na estimación da calidade e os prezos do viño a partir de millóns de rexistros procedentes da plataforma Vivino.
paulo-cortez-en-citic-scaled.jpgNa área financeira e da mercadotecnia, analizou como o uso de algoritmos preditivos pode anticipar o éxito de campañas de telemarketing bancario, mentres que na contorna industrial destacou a utilidade dos modelos de series temporais para detectar de forma anticipada movementos físicos de risco entre traballadores, co fin de previr lesións.
Amais, no contexto das cidades intelixentes, explicou o desenvolvemento dun sistema de encamiñamento multimodal sostible, probado na cidade do Porto, baseado en algoritmos evolutivos de optimización.
Cortez tamén fixo fincapé na importancia da interpretabilidade dos modelos, presentando ferramentas como o paquete rminer en R, que permiten realizar análise de sensibilidade para comprender o funcionamento interno dos algoritmos, “unha contribución clave nun momento en que a transparencia na Intelixencia Artificial é unha demanda crecente”.
A traxectoria do profesor Paulo Cortez foi recentemente recoñecida coa distinción Portuguese Excellence Professor of Artificial Intelligence 2025, concedida pola Fundación Ramón Areces. Conta con máis de 220 publicacións científicas en revistas e congresos internacionais, un índice h de 53 en Google Scholar e 33 en Scopus , e máis de 15.800 e 6.500 citas, respectivamente. Actualmente exerce como catedrático no Departamento de Sistemas de Información da Universidade do Minho e como subdirector do centro de investigación ALGORITMI.
Ao finalizar a sesión, o CITIC ofreceu aos asistentes a posibilidade de manter reunións individuais co profesor Cortez, co obxectivo de identificar oportunidades de colaboración e dar a coñecer as liñas de investigación que se desenvolven en Intelixencia Artificial e Ciencia de Datos na Universidade da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?