Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Investigo refórzase con 738.000 euros adicionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa Investigo refórzase con 738.000 euros adicionais

S. P.
Publicado: 08/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

programa_investigo_gain.jpgA Xunta anunciou o fortalecemento do programa Investigo, destinado a fomentar a contratación de mozas e mozos como investigadoras/es, tecnólogas/os, persoal técnico e outros perfís relacionados coa I+D. Faro coa redistribución de 738.000 euros adicionais ás pemes. A orde ten dúas modalidades: unha para pequenas e medianas empresas e outra para centros de investigación e esta redistribución realízase co crédito sobrante dos centros de I+D+i, unha vez pechado o prazo de solicitudes o pasado mes de marzo e atendidas as solicitudes.
O programa Investigo está dotado con máis de 4,8 millóns de euros e vén da man da Axencia Galega de Innovación, GAIN. 
A redistribución nesta iniciativa permite abrir un novo prazo de presentación de solicitudes, que será desde este 9 de xullo ata o 8 de agosto de 2025, e isto posibilitará a contratación de 33 novas persoas mozas por parte de empresas que estean a desenvolver iniciativas de investigación e innovación. Estas persoas sumaranse ás preto de 130 contratadas xa este ano ao abeiro da convocatoria.
As persoas beneficiarias —de entre 16 e 30 anos— deben estar en situación de desemprego. As axudas oscilan entre os 22.405,92 e os 33.108,84 euros por persoa, en función do módulo aplicado, cubrindo os custos laborais e salariais. Os contratos son indefinidos e a tempo completo, cun período máximo subvencionado de 12 meses.
Ademais deste reforzo do programa investigo, tamén está prevista a ampliación en máis de 468.000 euros do crédito da orde da iniciativa de primeira experiencia profesional (aberta ata o 30 de setembro) co obxectivo de atender o maior número posible de solicitudes e contribuír á retención do talento da mocidade en Galicia, ao tempo que se atenden as demandas do tecido empresarial.
A orde foi publicada este 8 de xullo no DOG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?