Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Volve ás redes o concurso da Deputación da Coruña que reivindica literatura e turismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Volve ás redes o concurso da Deputación da Coruña que reivindica literatura e turismo

S. P.
Publicado: 08/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_biblioteca_provincial_hoxe_escribo_en_twitter_portada-80.jpgA Deputación da Coruña, por medio da Bibilioteca Provincial e a Área de Turismo, puxo en marcha #HoxeEscriboEn 2025, a nova edición do concurso de relatos que pretende fomentar o talento creativo ao tempo que reivindica a natureza, o turismo e a paisaxe dos 93 concellos da provincia. A proposta, que se presenta baixo o lema Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña, ofrece a posibilidade a todas as persoas maiores de idade de presentar microrrelatos ambientados nun destes territorios e, así, optar a algún dos premios de estadías rurais ofrecidos. As contribucións gañadoras serán publicadas na web da Biblioteca e nas redes sociais.
As composicións literarias poden estar escritas en galego ou en castelán, pero deben ser inéditas e non ter sido presentadas en ningún outro concurso. Ademais, o texto non poderá superar a extensión de 500 palabras.
A Deputación lembra que é obrigatorio que a temática dos relatos de #HoxeEscriboEn estea ambientada en algún dos concellos da provincia, “aínda que non é obrigatorio que o autor ou autora resida nel”.
Poderán estar relacionados coa historia local, as lendas propias, as tradicións do pobo, persoeiros destacados, valores positivos do municipio ou a súa riqueza cultural ou medioambiental. É dicir, “trátase de resaltar calquera aspecto destacable do patrimonio da localidade”, explica a Deputación.
O prazo de presentación remata o sábado 17 de agosto. Dita presentación pódese facer a través do formulario habilitado na web da Biblioteca da Deputación da Coruña. Cada persoa poderá participar cantas veces queira, cumprimentando un formulario por cada unha das participacións. Ademais, as dúbidas do concurso pódense solucionar contactando con biblioteca.info@dacoruna.gal ou no teléfono 981 415 176.
Os premios consistirán en paquetes turísticos. O primeiro ofrece unha estadía para dúas persoas dunha noite, con almorzo e cea incluídos, nun establecemento tipo cabanas rurais da provincia. O segundo premio consistirá nunha estancia para dúas persoas dunha noite, con almorzo incluído, nun establecemento rural da provincia. O terceiro premio consistirá nunha comida ou cea para dúas persoas nun establecemento da provincia. Ademais, entre os participantes, sortearanse varios lotes de produtos.
As persoas que resulten galardoadas recibirán a comunicación por teléfono ou correo electrónico e publicaranse nas redes sociais e na páxina web da Biblioteca.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?