Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Xeodestino Terras de Santiago porá en marcha unha canle turística de TV para promover os 11 concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Xeodestino Terras de Santiago porá en marcha unha canle turística de TV para promover os 11 concellos

S. P.
Publicado: 08/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

terras_de_santiago_dixitalizacioin_concellos.jpgAlcaldes, concelleiros e técnicos de Turismo dos once municipios que compoñen o Xeodestino Terras de Santiago mantiveron unha mesa de traballo para avanzar dentro dos obxectivos de dixitalización recollidos no Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) Terras de Santiago. Unha reunión na que acordaron implantar unha canle turística de televisión por IP, que estará dispoñible en todas as oficinas de turismo e locais de equipamento público do xeodestino.
Esta plataforma, que tamén estará accesible en Internet, ofrecerá información sobre os servizos e axenda de actividades dos once concellos do xeodestino Terras de Santiago: Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra.
Na reunión mantida en San Xián de Sales (Vedra), as persoas asistentes acordaron asinar un convenio de colaboración para que Terras de Santiago dote aos concellos das pantallas e equipamento necesario para poñer en marcha o sistema. Pola súa banda, os municipios comprometéronse a achegar toda a información precisa para que se difunda de forma axeitada.
Informaron que estas televisións emitirán de forma continuada información sobre os distintos atractivos do Xeodestino Terras de Santiago, “cun atractivo sistema de carátulas diferenciadoras que proporcionarán unha información sinxela, útil e directa”. Canda esa información, tanto o visitante como as persoas residentes terán acceso a todas as actividades lúdicas, culturais e sociais que se desenvolvan no xeodestino, algo que beneficiará directamente a todo o sector turístico da contorna (aloxamentos, restaurantes, empresas de actividades turísticas…).
Por outra banda, os presentes acordaron solicitar a adhesión do Xeodestino Terras de Santiago á rede Destinos Turísticos Intelixentes (DTI) da Secretaría de Estado de Turismo, que busca contribuír a mellorar a competitividade dos destinos turísticos ao tempo que mantén a calidade de vida das persoas residentes.
Con esta adhesión, o Xeodestino Terras de Santiago aposta por “converterse nun destino turístico innovador, consolidado sobre unha infraestrutura tecnolóxica de vangarda, accesible para todas as persoas e que facilita a interacción e integración da persoa visitante coa contorna, incrementando así tanto a calidade da súa experiencia nos municipios e mellorando tamén a calidade de vida do residente”.
A día de hoxe, a Rede DTI está integrada por un total de 691 membros, dos que 501 son integrantes titulares, 92 membros institucionais, 91 entidades colaboradoras e 7 membros observadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?