Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta e Telefónica queren que Galicia sexa un referente en tecnoloxías cuánticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta e Telefónica queren que Galicia sexa un referente en tecnoloxías cuánticas

S. P.
Publicado: 08/07/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

galicia_conecta_foto-1.jpgO presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente de Telefónica España, Borja Ochoa, mantiveron este martes 8 de xullo un diálogo co que se clausurou o foro sobre tecnoloxías cuánticas Galicia Conecta, que reuniu na Cidade da Cultura de Santiago a expertos do máximo nivel e empresas especializadas.
O presidente da Xunta afirmou que “Galicia ten capacidade para situarse á vangarda da tecnoloxía cuántica no contexto europeo” e puxo de relevo unha posición sólida neste ámbito “grazas a recursos únicos e a unha rede de centros científicos e tecnolóxicos que permiten dar un salto cualitativo no sector.”
250708_pte_facenda_galiciaconecta_dcs_06.jpg O Goberno galego, comentou Rueda, “aspira a converter Galicia nun territorio líder en investigación e aplicación de tecnoloxías cuánticas, apoiando solucións industriais reais e fomentando ao mesmo tempo a creación de emprego cualificado”.
Pola súa banda, Borja Ochoa, presidente de Telefónica España, asegurou: “Apoiaremos a Galicia para participar da revolución cuántica. En Telefónica estamos a adiantarnos ao desafío que supón unha nova tecnoloxía que non pertence ao futuro, senón que xa está a transformar as industrias e os procesos de empresas e institucións de todo o mundo, como a IA”.
Ademais, o presidente de Telefónica España puxo en valor a importancia do novo centro de ciberseguridade inaugurado recentemente por Telefónica en Vigo, “un centro chamado a converterse nun nodo estratéxico de seguridade cuántica en Europa” e desde onde se protexen “infraestruturas críticas non só en España, senón tamén noutros países, cun modelo 24/7 e visión global”, sostivo, ao tempo que salientou os investimentos da compañía en Galicia, “que sentaron as bases para o desenvolvemento das tecnoloxías cuánticas no territorio”.
Ochoa tamén fixo balance dos investimos en Galicia da operadora nos últimos dez anos: máis de 800 millóns para despregar “unha das mellores redes de fibra e 5G do mundo”. Hoxe, dixo, “preto do 93% dos fogares galegos ten cobertura de fibra e ao redor do 95% da poboación conta xa con cobertura 5G”.
O diálogo entre os presidentes de Telefónica e a Xunta de Galicia destacou como peche desta xornada organizada por Telefónica e na que algunhas das empresas e expertos de maior nivel en tecnoloxías cuánticas abordaron o seu desenvolvemento e aplicacións en distintos ámbitos, así como a súa combinación coa Intelixencia Artificial, a Internet das Cousas (IoT), a 5G, a análise da información a gran escala (Big Data) e a analítica avanzada.
Manuel Ángel Alonso, director do Territorio Norte de Telefónica España, foi o encargado de inaugurar o encontro. Concluída a súa intervención, Lois Orosa, director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), realizou unha introdución ás tecnoloxías cuánticas.
Máis tarde, Jorge da Herrán, presidente de Qubiz, falou sobre o ámbito da sensórica, e a continuación David Rodríguez, xestor-responsable na Península de IQM Quantum Computers, abordou a combinación de IA e computación cuántica onda Alba Meijide, responsable de IA de Territorio Norte de Telefónica España.
José Luis Domínguez, director de ciberseguridade e cloud de Telefónica Tech, explicou as vantaxes da tecnoloxía Quantum Safe, unha solución innovadora que combina a criptografía tradicional coa poscuántica para axudar ás empresas a protexer as súas comunicacións e datos críticos.
Acto seguido, celebrouse a mesa redonda Tecnoloxías cuánticas, unha nova forma de procesar e transformar a sociedade, moderada por Carmen Cotelo, directora da axencia galega GAIN, e na que participaron Pablo Vidal, responsable de Transformación Dixital do Territorio Norte de Telefónica, Adriano Galano, especialista en vendas de AI e HPC en HPE, Carlos Kuchkovsky, director executivo (CEO) e co-fundador de QCentroid, e Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?