Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Volve Alento, o asesoramento de balde en mercadotecnia para emprendedores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Volve Alento, o asesoramento de balde en mercadotecnia para emprendedores

S. P.
Publicado: 08/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250708sxerl_dxtaes_alenrto.jpgO secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron en Ames na presentación da nova edición do programa Alento, Impulso á Comunicación para Emprender, iniciativa que busca fortalecer o ecosistema emprendedor galego facilitando o acceso gratuíto a servizos profesionais de mercadotecnia e comunicación.
O programa está promovido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en colaboración co Clúster da Comunicación de Galicia, encargado de coordinar a participación das empresas expertas que prestarán os servizos ofertados.
Cun orzamento de 120.000 euros, ten como principal novidade priorizar proxectos vinculados ao comercio de proximidade e aos situados en concellos con menos de 25.000 habitantes, “buscando así promover o reequilibrio territorial e dinamizar o tecido económico do medio rural e das zonas semiurbanas”.
alento_20250708sxerldxtaesclum.jpgAlento ofrece un catálogo de 10 servizos especializados, orientados a mellorar a presenza e competitividade dos proxectos emprendedores, facilitando a súa saída ao mercado, a creación de marcas con valor engadido e a conexión efectiva co público obxectivo.
Os servizos serán prestados por 38 empresas asociadas ao Clúster da Comunicación de Galicia, o que supón un incremento do 30 % respecto á edición anterior
Na presentación deste martes 8 de xullo, emprendedores do sector da comunicación compartiron as súas experiencias e os erros cometidos ao iniciar as súas empresas, convertendo esas vivencias nunha oportunidade para aprender dos fracasos e desafíos alleos.
20250708sxerlclun.jpgCoincidindo coa celebración do Ano Internacional das Cooperativas, celebrouse unha mesa redonda na que se presentou o modelo cooperativo como unha opción real para emprender ou desenvolver un proxecto de forma colectiva, democrática e sostible.
O programa Alento enmárcase na Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta, e está integrado no programa anual de actividades do Centro de Orientación ao Emprendemento, orientándose impulsar os negocios emprendedores competitivos e que contribúan á xeración de emprego.
Os servizos ofertados poden ser deseño de imaxe corporativa e deseño e desenvolvemento de web e comercio electrónico, definición da estratexia e accións de mercadotecnia (marketing dixital), desenvolvemento de gráficas publicitarias, investigación de mercados, accións relacionadas coa estratexia de comunicación para pemes, de vídeo mercadotecnia e tamén produtos de impresión publicitaria.
A finalidade é “que estas tarefas sirvan de apoio á comunidade emprendedora en aspectos como a busca de novas canles de comercialización, novos públicos obxectivos, melloras no valor percibido dos produtos e servizos e promoción en xeral, co fin de conseguir unha oferta diferenciada e rendible”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?