Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Telefónica sitúa a Galicia no 5º posto en demanda de profesionais dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Telefónica sitúa a Galicia no 5º posto en demanda de profesionais dixitais

S. P.
Publicado: 10/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_ordenador_traballando-3.jpgA Fundación Telefónica compartiu os resultados do seu Mapa de Emprego de Fundación Telefónica, baseado na tecnoloxía de análise de información a gran escala (Big Data) e en mecanismos de Intelixencia Artificial (IA). A publicación analiza as ofertas de emprego publicadas nos últimos tres meses nos portais Infojobs, Tecnoempleo, Buscojobs e ticjob, identificando e mostrando de maneira visual e interactiva esta información para debuxar unha fotografía da situación actual dos perfís e habilidades dixitais máis demandados por parte das empresas.
Unha das funcións destacadas da plataforma é que permite coñecer tanto as profesións dixitais máis solicitadas en cada provincia, como as habilidades que se requiren para traballar nelas. Segundo os datos rexistrados no último trimestre, Madrid posiciónase como a comunidade autónoma con máis ofertas de traballo de profesionais dixitais cun total de 17.326, seguida de Cataluña con 9.319, Andalucía con 3.418 e a Comunitat Valenciana con 2.511. A clasificación nacional continúano Galicia, con 1.573 e Euskadi con 1.496 ofertas.
A provincia galega con maior demanda de profesionais dixitais é A Coruña, que alcanza as 716 ofertas, case a metade da demanda de emprego dixital da comunidade autónoma. A ela séguenlle Ourense con 570, Pontevedra, con 223 e Lugo, con 64 ofertas de emprego.
Nos últimos datos publicados no mes de xuño, o Mapa de Emprego rexistrou un total de 57.679 ofertas de emprego de profesións dixitais en España. Delas, o 2,7% pertence á comunidade galega, onde os cinco perfís dixitais máis demandados foron:
1. Consultor TIC, con 239.
2. Xestor de proxectos dixitais, con 177 ofertas.
3. Profesional técnico TIC, con 153.
4. Administrador de sistemas, con 128 vacantes.
5. Desenvolvedor de software, con 105 ofertas de emprego.
Á súa vez, o Mapa de Emprego tamén analiza as habilidades dixitais máis buscadas polas empresas. Nos últimos tres meses, a computación na nube (Cloud Computing), presente en 81 ofertas de emprego na comunidade autónoma, foi a máis solicitada. A esta habilidade séguenlle Java, presente en 87 vacantes e Git solicitada en 47 empregos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?