Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA será unha das grandes protagonistas da 4ª edición de Ecosystems 2030, en outubro na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA será unha das grandes protagonistas da 4ª edición de Ecosystems 2030, en outubro na Coruña

S. P.
Publicado: 11/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ecosystems.jpgO Congreso Ecosystems 2030, un dos eventos internacionais máis relevantes das novas tecnoloxías, volve á Coruña os días 3 e 4 de outubro, xuntando baixo un mesmo teito referentes mundiais en tecnoloxía, Intelixencia Artificial, medicina, creatividade, sustentabilidade, liderado e investimento.
A alcaldesa Inés Rey presentou os detalles do congreso os días pasados, salientando a consolidación de “Coruña como polo tecnolóxico”.
Ecosystems 2030, dixo a rexedora, “exemplifica o modelo de cidade que estamos a construír: unha cidade conectada co futuro, coa innovación e co coñecemento”.
O congreso contará con máis de 50 relatoras e relatores de referencia internacional, entre eles representantes de Google, SAP, Mastercard, IKEA, HP, Logitech, Airbus, ONU, Stanford, Johnson & Johnson ou Ferrovial. As sesións estruturaranse en seis bloques temáticos: IA, saúde, liderado, sostibilidade, creatividade e investimento.
Entre os nomes destacados figuran V. R. Ferose (SAP), JoAnn Stonier (Mastercard), Sara Alami (IKEA), Carme Artigas (ONU), Guayente Sanmartin (HP), Saeed Aldhaheri (UNESCO), Pilar Manchón (Google), Carolina Aguilar (INBRAIN), e Amy Carle (artista de biofabricación e IA).
O presidente executivo de Ecosystmes 2030, Omar Hatamleh, destacou o potencial da Coruña como “espazo natural para liderar os grandes debates globais”, e Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, quen salientou a importancia destas iniciativas en Galicia e aplaudiu o traballo da organización, tanto polo éxito de edicións anteriores como pola axenda desta nova edición e o seu carácter máis interactivo.
Por primeira vez, as sesións do congreso incluirán actividades accesibles ao público xeral e espazos de conexión directa entre persoas emprendedoras, empresas e institucións.
A previsión é “multiplicar por catro a asistencia respecto a edicións anteriores, o que reforza o impacto económico directo do evento na cidade”.
O sábado 4 de outubro desenvolverase unha xornada formativa de alto nivel con clases maxistrais certificadas internacionalmente. Participarán figuras como Noelia Amoedo (director executivo de Mediasmart), Michael Lewrick (experto en innovación en Deloitte), Javier Campos (CTO de Peach) e Nikki Eberhardt (profesora da Minerva University), cun enfoque práctico sobre liderado, transformación empresarial e IA aplicada ao desenvolvemento estratéxico.
“A Coruña está preparada para liderar os grandes debates do futuro porque temos talento, capacidade e unha estratexia clara que aposta pola innovación como motor de desenvolvemento”, destacou a alcaldesa.
O Goberno municipal, a través da súa aposta pola captación de fondos europeos, a posta en marcha da AESIA, o desenvolvemento da Cidade das TIC e o impulso de proxectos como ALLOCATE, reafirma así a súa folla de ruta para consolidar A Coruña como capital galega da innovación e referente estatal en tecnoloxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?