Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo Transforma reinviste en Innogando cunha nova achega de 400.000 euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo Transforma reinviste en Innogando cunha nova achega de 400.000 euros

S. P.
Publicado: 11/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

innogando_rolda_de_prensa_de_lugo_transforma_1.jpgO alcalde de Lugo, Miguel Fernández, anunciou esta semana unha nova operación no marco da estratexia Lugo Transforma. O fondo público-privado acometerá un segundo investimento na empresa lucense Innogando S.L., unha das primeiras compañías participadas desde a súa creación. Esta nova achega ascende a 400.000 euros, e forma parte dunha rolda de financiamento total de 1.400.000 euros, na que participa tamén o Fondo Bolsa Social, con un millón de euros.
“O obxectivo é acelerar a expansión comercial e a internacionalización da empresa, especializada no desenvolvemento de tecnoloxía para o sector agrogandeiro”, explicou o rexedor. O seu produto principal é RUMI, un colar intelixente que permite facer monitoraxe do gando en tempo real, detectando celos, partos, cambios de comportamento ou rumia, mediante unha aplicación móbil conectada e autosuficiente, alimentada con enerxía solar. Actualmente contan con máis de 1.200 clientes e máis de 25.000 colares vendidos.
Miguel Fernández, destacou que esta nova operación demostra a capacidade do fondo para acompañar proxectos no tempo: “Innogando é un caso claro de como Lugo Transforma non só serve para atraer empresas, senón tamén para consolidar e facer medrar aquelas que xa apostaron polo noso municipio. Hoxe reforzamos a confianza nun proxecto sólido, con base tecnolóxica e cun impacto directo no sector primario”.
Desde a súa primeira participación no fondo en 2023, na que se investiron 300.000 euros, a empresa pasou de 11 a 30 traballadores, captou máis de 2 millóns de euros en financiamento inducido, desenvolveu proxectos de I+D+i por valor de case 400.000 euros e conseguiu diferentes premios e recoñecementos como os Premios Emprende XXI de Caixabank, o Venture on the Road de Banco Sabadell ou formar parte do Top 101 Spain Up Nation.
En abril de 2024, a cooperativa gandeira COVAP (Cooperativa Ganadera del Valle de los Pedroches), a máis grande do Estado, entrou no seu capital como socio estratéxico cun investimento de 455.000 euros.
“Estamos a falar dunha empresa nacida no rural galego, que se asentou en Lugo grazas ao fondo, e que hoxe está vendendo en toda España e prepara a súa expansión fóra do país. Proxectos coma este demostran que desde Lugo tamén se pode innovar no agro e crear emprego de calidade”, engadiu Fernández.
Con esta nova achega, o fondo Lugo Transforma eleva o volume total investido ata os 3.860.000 euros.
Elio López, fundador e director executivo (CEO) de Innogando agradeceu o apoio recibido e destacou que “este novo financiamento vainos permitir expandirnos internacionalmente e de forma ordenada naqueles lugares nos que xa temos presencia como é Estados Unidos, Irlanda, Portugal, Australia, Uruguay, Arxentina e Venezuela, estando tamén na folla de ruta incrementar a nosa actividade no mercado norteamericano”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?