Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Museo do Videoxogo estrea novo horario e máis novidades este verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Museo do Videoxogo estrea novo horario e máis novidades este verán

S. P.
Publicado: 14/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

muvi_cangas_museo_4.jpgA Fundación Museo do Videoxogo de Galicia anunciou a entrada en vigor do novo horario de verán do MUVI, que, segundo os seus responsables, “permitirá ao público gozar dunha experiencia máis flexible e adaptada ao lecer estival”. A partir do 19 de xullo o Museo de Cangas abrirá as súas portas todos os sábados en horario de mañá e de tarde, de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. A decisión responde á vontade da Fundación de “continuar mellorando a accesibilidade do Museo, ofrecendo así máis oportunidades para a visita tanto da veciñanza como das persoas que escollan Cangas do Morrazo como destino turístico”.
muvi_cangas_museo_2.jpgAdemais, entre o 19 de xullo e o 31 de agosto o MUVI ofrecerá unha promoción exclusiva para os visitantes que acudan pola mañá: recibirán un bono desconto do 50% para realizar unha segunda visita ao longo do verán, que poderá efectuarse tanto pola mañá como pola tarde.
Máis tempo, contidos e accesibilidade
Xunto co horario e a promoción estivais, o MUVI tamén anuncia un novo desconto de 2€ na entrada para persoas que presenten o certificado de discapacidade, reforzando o seu compromiso coa accesibilidade. Ademais, os visitantes poderán gozar dunha mellora nos contidos grazas á incorporación de novos materiais que amplían a exposición, enriquecendo a experiencia xeral.
muvi_cangas_museo.jpg Estas accións son posibles grazas á colaboración do Sistema Galego de Centros Museísticos, cuxo apoio permite que o MUVI continúe a medrar como proxecto cultural aberto, inclusivo e en constante evolución, un obxectivo ao que tamén contribúen activamente a Fundación INTEGRA para a discapacidade intelectual, o Concello de Cangas e outras entidades e empresas asociadas co Museo.
Modalidades da visita
Acceso completo
– 8€ por persoa e quenda (mañá ou tarde) con acceso inmediato interactivo.
– Áreas visitables: Exposición Principal + Videoxogo Galego + Habitación da Memoria + Espazo de Experimentación + Salón Arcade.
– Acceso preferente ás visitas guiadas das 13:00h, 17:00h, 18:00h, 19:00h e 20:00h.
– Admisión ata peche.
Acceso gratuíto
– Acceso ás visitas guiadas da tarde (17:00h, 18:00h, 19:00h e 20:00h) condicionado á existencia de prazas libres nos grupos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?