Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O profesorado da UVigo mergúllase na formación en novas tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O profesorado da UVigo mergúllase na formación en novas tecnoloxías

S. P.
Publicado: 15/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

formacioncampusauga.jpgO Campus Auga, o proxecto de especialización do Campus de Ourense acreditado e financiado pola Xunta de Galicia, está a desenvolver un programa de formación continua do profesorado en temáticas de tecnoloxías da información e metodoloxías de ensino e aprendizaxe. A iniciativa lévase a cabo no marco do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Educación e a UVigo para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Auga de Ourense no período 2024-2027.
O programa está composto por seis cursos presenciais, de balde, ofertados a través do Centro de Posgrao e Formación Permanente da UVigo, destinados ao profesorado desta institución académica e que se desenvolven en diferentes centros do Campus de Ourense. A programación arrancou a finais do mes de xuño cun curso de métodos e recursos para a aplicación da intelixencia artificial á docencia e investigación, impartido polo profesor da Escola Superior de Enxeñaría Informática Pedro Cuesta.
Desde o pasado día 9 e ata o 16 de xullo estase a desenvolver un curso de creación audiovisual para docencia e divulgación, coordinado por Mónica Valderrama, profesora da Facultade de Comunicación da UVigo e vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, e con docencia de Luis Pena, de UVigoTV. Nesta formación afóndase nos coñecementos e técnicas necesarias para a produción de vídeo e son dixital, a través do emprego de ferramentas libres, de emprego sinxelo e multiplataforma xunto a recursos de publicación web e streaming/videoconferecia.
formacioncampusauga2b.jpgEsta semana, os días 15, 16 e 17 de xullo o programa continuará coa proposta Vibe coding con sentidiño: emprego de ferramentas de IA xerativa no desenvolvemento de software, cos docentes da Escola Superior de Enxeñaría Informática Hugo López e Daniel González Peña. Este curso ten como obxectivo “capacitar ao profesorado universitario no uso da programación asistida por IA, entendida como unha colaboración intelixente entre a persoa programadora e o modelo, mantendo sempre o control, o razoamento e a comprensión do código”.
Completando a programación deste curso académico 2024/2025, O dereito á protección de datos persoais no ámbito universitario é o título do cuarto dos cursos ofertados. Será os días 22 e 23 de xullo, contando coa coordinación de Susana Álvarez (Facultade de Dereito) e docencia tamén de Ana Garriga e Miguel Michinel, do mesmo centro, e de Mónica Arenas (Universidad de Alcalá).
Xa en setembro dúas serán as formacións que se impartirán. A primeira, os días 15, 16, 23, 29 e 30 de setembro, céntrase no Excel avanzado para a docencia, sendo impartida por Guillermo Rey, da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. Por último, o 25 e 26 de setembro celebrarase un curso sobre dereitos de autor na docencia e na investigación, coordinado por Ana Martínez (Biblioteca UVigo) e tendo tamén como docentes do mesmo servizo a Ana Dios e Teresita Aboal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?