Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadoras do Campus de Ourense crean audiovisuais para loitar contra o acoso sexual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadoras do Campus de Ourense crean audiovisuais para loitar contra o acoso sexual

S. P.
Publicado: 18/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

videos_ciberacoso_campus_pontevedra_uvigo_videosou1.jpgO Campus de Ourense acolleu este xoves 17 de xullo a presentación de dous vídeos divulgativos sobre o acoso e o abuso sexual baseado en imaxes. As pezas buscan informar e concienciar ao colectivo adolescente e mocidade universitaria sobre as violencias sexuais en liña, ofrecéndolle ferramentas para saber identificar e actuar ante este tipo de situacións. A idea orixinal e guión son de María Lameiras e Yolanda Rodríguez, investigadoras do equipo de innovación docente Hildegard (Innovación en Sexualidade, Xénero e Saúde) da Universidade de Vigo, e a imaxe, animación e son de Marta Delas.
Os materiais foron presentados por Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do Campus de Ourense, e as súas promotoras María Lameiras e Yolanda Rodríguez, esta última tamén directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. Concretamente lanzáronse dous vídeos, un titulado O acoso sexual baseado nas imaxes e outro O abuso sexual baseado nas imaxes, estando dispoñibles en galego, castelán e inglés.
Ambos foron realizados cunha axuda para a consolidación de unidades de investigación do Sistema Universitario de Galicia da Xunta e enmárcanse no proxecto #Non+ViolenciaSexualOnline.
As súas responsables sinalaron que “as ciberviolencias sexuais, nomeadamente o acoso sexual baseado nas imaxes, son unha realidade crecente que afecta especialmente á xente nova e ás mulleres. Dispoñer de materiais informativos novos e innovadores é clave para previr, identificar e actuar fronte a estas violencias e promover relacións máis seguras, igualitarias e respectuosas”.
O acoso sexual baseado en imaxes, indican as investigadoras da UVigo, é un concepto que engloba comportamentos sexuais non desexados na esfera en liña, como presións ou solicitudes non desexadas de imaxes sexuais (por exemplo, solicitar imaxes espidas) e a recepción de imaxes sexuais non desexadas (recibir fotos sexuais non solicitadas e non desexadas como por exemplo fotos de penes). Polo que respecta ao termo abuso sexual baseado en imaxes refírese a unha serie de comportamentos de abuso e agresión como compartir imaxes ou vídeos sexuais íntimos sen o consentimento da outra persoa; sacar fotos ou gravar vídeos con contido sexual sen consentimento e compartilos; crear contido sexual sen utilizando aplicacións de Intelixencia Artificial para editar e manipular o contido sexual e difundilo (fenómeno coñecido como deepfakes); e compartir imaxes ou vídeos sexuais sen consentimento con intención de causar humillación, vinganza, angustia, acoso, ameazar, manipular ou extorsionar a vítima.
Entre as motivacións que impulsaron a realización destes vídeos, explican María Lameiras e Yolanda Rodríguez, atópanse os resultados que tiveron nun proxecto de investigación Inou 2024 financiado pola Deputación de Ourense-UVigo. Nel, o seu equipo avaliou os fenómenos de acoso e abuso sexual baseado nas imaxes nunha mostra de 1140 adolescentes da provincia de Ourense. No ámbito do acoso sexual baseado en imaxes entre os resultados acadados sinalan que “as mozas adolescentes ourensás son vítimas deste tipo de violencias sexuais en liña: un 50,6% afirmaron que recibiron fotos de penes nos seus móbiles sen solicitalas”. Ademais, un 24,2% delas “afirmaron sentirse presionadas a enviar unha foto ou un vídeo espida de tipo sexual cando en realidade non quería facelo”.
Polo que respecta ao abuso sexual baseado en imaxes, as investigadoras destacan entre os resultados do estudo que, por exemplo, ante a cuestión de “cando estás nunha aplicación ou páxina web de citas (por exemplo, Tinder) e alguén che envía unha foto súa espido/a” atoparon que un 34,5% dos mozos afirmaron que non lles molestaría esta situación, mentres que un 91,9% das mozas sinalaron que se sentirían molestas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?