Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Nintendo Switch da anterior xeración deixarán de venderse en febreiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

As Nintendo Switch da anterior xeración deixarán de venderse en febreiro

Marcus Fernández
Publicado: 06/07/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ci_other_02migrationns1andns2lifestyle_02.jpgHai un mes coñeciamos que Nintendo estaba a traballar nun redeseño para Nintendo Switch 2 que permitiría mudar de xeito doado a batería de consola por parte do usuario en cumprimento da normativa europea, e agora Nintendo anuncia que as novas consolas redeseñadas comezan a chegar ás tendas europeas este mesmo verán.
Pero o máis rechamante desta información é que convida a visitar unha páxina web na que detallan como será esta modificación que afecta tanto a consolas Switch 2 como a algúns mandos, pero que deixaría fóra a consolas Nintendo Switch, Nintendo Switch Lite e Nintendo Switch modelo OLED, que seguirán a fabricarse con normalidade este ano, pero prevén que a mediados de febreiro comecen a súa retirada do mercado europeo.
switch_xogando_mans.jpg Estamos ante o que sería a transición entre xeracións de consolas por parte de Nintendo que podería considerarse extraordinariamente brusca, pero non sería a primeira vez que acontece, pois tanto a GameCube como a Wii U tamén desapareceron rapidamente das tendas, aínda que en ocasións anteriores o motivo era que a súa demanda practicamente desaparecera, algo que aínda non aconteceu coa primeira xeración de Nintendo Switch.
Cómpre lembrar que a Nintendo Switch 2 subirá de prezo en setembro, situándose nos 499,99 euros, quedando fóra do alcance de moitos dos seus compradores potenciais, o que debería acelerar a chegada dunha Nintendo Switch 2 Lite, orientada unicamente á mobilidade e cun prezo máis asumible para os consumidores, aínda que a conxuntura actual cos prezos das memorias non fará posible a comercialización de consolas baratas antes de 2028.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Importantes franquías protagonizan PlayStation Plus en decembro

25/11/2026
VIDEOXOGOS

Take-Two intenta frear os proxectos que buscan levar GTA VI a PC antes do seu lanzamento oficial

25/11/2026
VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?