Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ViJuDa: «Non debemos confundir producir máis contido con facer mellores videoxogos»
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Entrevistas

ViJuDa: «Non debemos confundir producir máis contido con facer mellores videoxogos»

Marcus Fernández
Publicado: 26/11/2026
14 Min de Lectura
Compartir
14 Min de Lectura

O desenvolvedor galego Víctor Justo Dacruz, coñecido como ViJuDa, converteu unha afección que durante anos compaxinou co seu traballo nunha carreira profesional vinculada aos videoxogos de condución. Como creador da serie Super Woden, conseguiu levar o seu particular achegamento ás carreiras arcade a un público internacional, mantendo unha filosofía de desenvolvemento independente na que prima o perfeccionamento das mecánicas tradicionais fronte á incorporación de novidades innecesarias.

A súa traxectoria forma parte xa da historia que recupera a exposición O Videoxogo Galego, do MUVI, na Biblioteca de Galicia. Falamos con el sobre os seus comezos autodidactas, as dificultades de vivir do desenvolvemento independente, os seus vindeiros proxectos e un futuro da industria que observa con certas reservas ante a expansión da intelixencia artificial.

– Que che levou a meterte no mundo dos videoxogos?
– Os videoxogos acompañáronme practicamente toda a vida. Sempre sentín curiosidade por saber como funcionaban e, co tempo, esa curiosidade acabou converténdose en ganas de facer os meus propios xogos.
Durante moitos anos foi simplemente unha afección que compaxinaba co meu traballo, sen grandes pretensións comerciais. Nunca imaxinei que acabaría dedicándome profesionalmente a isto. Foi unha mestura de curiosidade, perseveranza, oportunidades e, por suposto, de que os xogos empezaron a funcionar comercialmente.

– Como fixeches para formarte?
– Son autodidacta. Aprendín principalmente experimentando, buscando información na internet e equivocándome moitas veces. Nunca seguín unha formación académica específica sobre desenvolvemento de videoxogos.
Creo que unha das vantaxes de aprender así é que acabas desenvolvendo a capacidade de resolver problemas por ti mesmo. Por outra banda, tamén significa que moitas veces percorres un camiño moito máis longo do necesario.
A día de hoxe sigo aprendendo constantemente. O desenvolvemento de videoxogos implica moitas disciplinas diferentes e é imposible dominalas todas.

– Cando creaches Woden GP precisaches axuda? Para algún elemento especial do xogo (música, gráficos, programación…)?
– O primeiro Woden GP foi un proxecto moi modesto, desenvolvido fundamentalmente por min. Desde o principio encargueime de todos os aspectos do xogo. Foi un proxecto de experimentación e aprendizaxe.
Co paso dos anos e a evolución da serie fun contando con colaboracións puntuais, en apartados como a música, as voces ou traducción, pero sigo mantendo o control directo sobre todos os aspectos do desenvolvemento.
Non se trata tanto de querer facelo absolutamente todo, senón de que me gusta ter unha visión global do produto e poder tomar decisións sen depender constantemente doutras persoas.

– Que consideras que é máis complicado actualmente, o desenvolvemento en si ou a comercialización e o soporte posterior? Foi moi complexo chegar a ter edicións físicas dos teus títulos?
– Son dificultades moi diferentes. O desenvolvemento é un traballo enorme, especialmente cando unha soa persoa asume practicamente todas as responsabilidades, pero polo menos é un terreo no que sinto que teño bastante control.
A comercialización é moito máis imprevisible. Podes dedicar anos a crear un bo produto e que pase completamente desapercibido. Hai factores como a visibilidade, o momento do lanzamento ou a propia sorte que poden condicionar enormemente os resultados.
No meu caso, afortunadamente, a serie Super Woden conseguiu atopar o seu público e iso permitiume converter o que era unha afección na miña profesión. Inda que me molesta bastante o San Benito de “haber atopado un nicho” cando no indie sempre houbo xogos de carreiras. As veces pareceme unha idea bastante simplista.
As edicións físicas chegaron a través de acordos con distribuidoras e editoras. É algo que me fai ilusión, porque crecín nunha época na que ter un videoxogo na súa caixa era parte importante da experiencia. Pero tamén descubrín que detrás hai cuestións comerciais, loxísticas e de comunicación que poden resultar bastante máis complicadas do que parecen. Na suma de todo, no meu caso trouxome máis desilusión que ilusión. Foi desas partes do proceso que sentín que escapaba do meu control. E claro iso fixome sufrir bastante, as veces ver o xogo en físico non é suficiente como para o sufrimento que conleva ver que terceiros comercian e deforman a túa visión como se fora un producto máis. Por iso nese aspecto, decidín ser extremadamente prudente dende agora.

– Que che levou a dar o salto dun modesto Woden GP a toda unha serie de xogos baixo a marca Super Woden?
– Foi unha evolución bastante natural. O primeiro Woden GP era un proxecto pequeno, pero quedei con ganas de desenvolver moitas ideas que non puidera levar a cabo.
Super Woden GP permitiume ampliar considerablemente o concepto e, posteriormente, Super Woden GP 2 supuxo un salto importante tanto en ambición como en acollida comercial.
A partir de aí, continuar coa serie converteuse nunha mestura de curiosidade creativa, satisfacción persoal e motivos económicos. Non creo que haxa nada malo en recoñecer que, cando algo funciona e che permite vivir do teu traballo, tamén é un incentivo para seguir desenvolvéndoo.
O importante para min é que cada novo proxecto teña sentido e que siga apetecéndome traballar nel.

– Os teus xogos non son un FIFA no que cada ano se actualiza o cadro de xogadores. Que é o que estás a facer para renovar a fórmula e manter tanto o interese do público como o teu propio?
– Non creo demasiado na necesidade de reinventar constantemente os videoxogos. Ás veces parece que cada nova entrega dunha serie ten que incorporar mecánicas completamente diferentes para xustificar a súa existencia, mesmo cando esas mecánicas non melloran realmente a experiencia.
Persoalmente, prefiro os xogos que teñen moi claro o que queren ofrecer e que perfeccionan esa fórmula. Non me interesa introducir sistemas ou actividades simplemente para aparentar orixinalidade, especialmente cando poden acabar molestando ao xogador ou distraéndoo do que realmente lle gusta facer.
Hai moitos videoxogos clásicos aos que sigo volvendo precisamente porque as súas mecánicas funcionan perfectamente décadas despois.
No meu caso, intento que cada entrega teña a súa personalidade, mellore os aspectos que considero necesarios e ofreza unha experiencia suficientemente diferente, pero sen perder de vista os fundamentos. Non me preocupa que un xogo sexa tradicional. De feito, paréceme algo positivo cando está ben feito.

– Podes adiantarnos o que achegará o Super Woden GP 3?
– Super Woden GP 3 é, con bastante diferenza, o proxecto máis ambicioso no que traballei ata agora.
O cambio máis evidente é a perspectiva da cámara, que abandona a vista clásica das anteriores entregas para achegarse a unha experiencia de condución máis próxima aos xogos de carreiras tradicionais en tres dimensións. Curiosamente, o feito de que a marca Super Woden esté asentada permitiume experimentar con esta cámara máis habitual.
Pero os cambios van bastante máis alá da cámara. Estou traballando nun novo modelo de condución, nun comportamento moito máis elaborado dos rivais e nunha estrutura de competicións que permita experimentar diferentes disciplinas do automobilismo.
Quero recuperar parte das sensacións que me transmitían os grandes xogos de condución de finais dos noventa e principios dos dous mil, especialmente aquela satisfacción de comezar con coches modestos e ir construíndo pouco a pouco a túa propia colección.
Non pretendo revolucionar o xénero nin inventar unha fórmula completamente nova. Quero facer un gran xogo de condución tradicional, con personalidade propia, moito contido e unha progresión que resulte satisfactoria.
Hai bastantes detalles que prefiro reservar de momento. Creo que tamén é importante conservar certa capacidade de sorpresa de cara ao lanzamento.

– Veste mantendo a túa traxectoria cinguida aos xogos de condución arcade ou tes previsto explorar outros xéneros?
– Non descarto facer outras cousas, pero os xogos de condución son os que máis me gustan e nos que me sinto máis cómodo traballando.
Ademais, hai un compoñente práctico. Co paso dos anos fun desenvolvendo ferramentas, coñecementos e experiencia que podo aproveitar en novos proxectos. Cambiar completamente de xénero significaría, en moitos aspectos, empezar de cero.
Tampouco teño a necesidade de demostrar que podo facer xogos de todos os estilos. Prefiro centrarme naquilo que realmente me interesa e que sei que ten un público.
En calquera caso, o futuro dependerá dunha mestura de motivación persoal, curiosidade e viabilidade económica.

– Que sentiches ao ver que a túa obra é unha parte importante do videoxogo galego, estando destacada tanto no MUVI como na exposición que podemos ver estes días na Biblioteca de Galicia?
– É unha sensación moi gratificante, especialmente tendo en conta que todo isto comezou como unha afección á que dedicaba o meu tempo libre, por iso a miña gratitude para o MUVI e infinita. Case dende os meus comezos encargaronse de crer e poñer en valor a miña obra.
Durante moitos anos traballei nos meus xogos sen pensar que algún día acabarían formando parte dunha exposición ou dun museo. Simplemente facía aquilo que me gustaba.
Tamén me parece positivo que se dea visibilidade ao desenvolvemento de videoxogos en Galicia. Ás veces esquecemos que detrás dos xogos hai persoas, historias e moitísimo traballo, e que non é necesario estar nun gran estudio internacional para crear produtos capaces de chegar a xogadores de todo o mundo.
En calquera caso, intento manter os pés na terra. Prefiro que os meus xogos falen por min e seguir concentrado en facer o seguinte o mellor posible.

– Cal é a túa visión sobre a proliferación de videoxogos independentes creados coa axuda da intelixencia artificial en todos os seus apartados (dende os gráficos ata a programación)?
– Creo que estamos ante un cambio moito máis profundo do que a maioría da xente imaxina. A intelixencia artificial está facendo posible producir contidos que ata hai moi pouco requirían unha cantidade enorme de tempo, coñecementos e recursos.
Isto ten vantaxes evidentes, especialmente para desenvolvedores pequenos, pero tamén creo que vai provocar unha saturación brutal do mercado. Se practicamente calquera persoa pode producir contidos de aparencia profesional cun esforzo cada vez menor, inevitablemente o valor percibido deses contidos vai diminuír dramaticamente.
Teño a sensación de que estamos entrando nunha época na que cada vez será máis difícil sorprendernos. Cousas que hai poucos anos nos parecían extraordinarias acabarán converténdose en algo completamente cotián.
E, sinceramente, esa perspectiva prodúceme bastante tristeza. Non teño especialmente claro que me apeteza adaptarme a ese futuro.
Quizais sexa unha visión algo pesimista, pero tamén ten que ver coa miña maneira de entender os videoxogos. Hai moito tempo que unha boa parte dos títulos cos que realmente desfruto poderían funcionar perfectamente en máquinas de hai dez ou quince anos, ou incluso máis antigas.
A tecnoloxía non sempre se traduce en mellores experiencias. Por iso, se algún día deixo de sentirme identificado co rumbo da industria, sempre me quedará unha cantidade inmensa de grandes xogos do pasado aos que volver.
Non estou en contra de aproveitar as ferramentas tecnolóxicas que temos á nosa disposición, pero tampouco creo que debamos confundir a capacidade de producir máis contido coa capacidade de facer mellores videoxogos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Entrevistas

Álex González: «Creei The Wall en código máquina dende Ourense cando nin sequera tiña a quen consultar as dúbidas»

26/11/2026
Entrevistas

Xosé Manuel Pereiro: «Fixemos Terra Terremota como unha forma irónica de ver as traxedias do noso tempo»

26/11/2026
Entrevistas

ScanMeNow quere democratizar os xemelgos dixitais hiperrealistas

07/08/2026
berto-13.jpg
Entrevistas

Igalia, a peza galega que fai funcionar SteamOS

11/05/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?