Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preséntase o xogo SQR na Coruña, unha proposta galega de estratexia para móbiles e Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preséntase o xogo SQR na Coruña, unha proposta galega de estratexia para móbiles e Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/07/2007
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uber_cool_games.jpgSe tivésemos que representar graficamente o futuro do mercado do videoxogo teríamos unha gran curva ascendente para a que sería preciso habilitar todo o espazo posible, co fin de que non fuxise polo límite superior ás primeiras de cambio. Así de optimistas nas posibilidades do sector se están a amosar os diversos participantes do Foro Internacional do Videoxogo que organiza na Coruña o Clúster Audiovisual Galego : en 2005 o sector tivo en España un beneficio de 863 millóns de euros, superando por exemplo ó cinema, que xerou 623 millóns. O futuro tamén pinta ben para a nosa terra, onde semella que se pode falar xa dunha industria que agroma dende o centro mesmo da innovación.
Así, no Foro vanse presentar tres interesantes propostas galegas: SQR, E.L.E. e Donkey Xote. O primeiro dos videoxogos xa foi dado a coñecer no ITE de Caixa Galicia polo equipo responsable do seu deseño e posta en marcha, a firma Uber Cool Games (na imaxe, “capturados” por La Voz), pertencente á empresa galega Pixel Graphics. Trátase dun xogo de estratexia por quendas que semella ter xurdido logo dun exhaustivo proceso de estudo das actuais tendencias tecnolóxicas. É dicir: a pouco que nos introduzamos nel poderemos ver unha manchea de detalles vinculados á Rede 2.0, sobre todo na súa arela de facer comunidade.
Porén, a proposta da firma UCG adiántase tamén ó seu tempo e engade o que resulta xa imprescindible nun mercado tan competitivo como este do que falamos: o elemento innovador, que viría dado polo feito de ser un xogo operativo en móbiles e Rede, integrando ata o máximo as dúas tecnoloxías.
Segundo apuntou na Coruña o equipo de UCG, “trátase dun xogo de estratexia, a medio camiño entre o xadrez e o Pokemon, multixogador, no que podemos atopar cinco clases de personaxes, que terán que descifrar diversas claves para ir adquirindo habilidades de xeito que os personaxes acaden fortalecemento, e coa posibilidade de intercambialas entre os xogadores”. O produto foi presentado na Coruña por Beatriz Legerén, xerente de Pixel Graphics, que acudiu acompañada do resto do equipo desenvolvedor do xogo: Javier Martín, director de desenvolvemento; José Luis González Castro, responsable de produción do proxecto e José Carlos Bellido, responsable de programación.
A presentación de xogos galegos continuará na xornada de hoxe día 4 co desembarco na cidade da Coruña de E.L.E. (Evento Ligado á Extinción), un produto desenvolvido de maneira conxunta entre as empresas galegas Continental Games (A Coruña) e Alias 3D (Vigo) e coa posta en longo (previa ó lanzamento oficial) de Donkey Xote, deseñado por Revistronic por encarga de Filmax.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?