Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consorcio de Santiago e a USC porán en liña unha boa parte dos documentos históricos máis salientables da cidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consorcio de Santiago e a USC porán en liña unha boa parte dos documentos históricos máis salientables da cidade

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/07/2007
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

usc_claustro.jpgDe todas as ferramentas desenvolvidas para conservar e divulgar documentos históricos as novas tecnoloxías da información (TIC) semellan as menos malas ou, polo menos, as que permiten combinar máis axeitadamente a preservación e a difusión. Deste xeito, coa dixitalización de arquivos e a súa consecuencia máis ou menos natural, a posta en Rede, acadaríamos o que hai anos semellaba imposible: conservar documentos (salvagardados en copias perante posibles accidentes e desgaste de consulta directa) e “democratizalos”. Xusto dese punto é de onde partiron os arquivos Universitario, Catedralicio e Diocesano de Santiago para, coa axuda do Consorcio, poñer en marcha o Proxecto Urbe, orientado a inventariar, catalogar, dixitalizar e publicar en liña as fontes documentais de interese para a historia da capital de Galiza.
A iniciativa, que tanto vai encamiñada a axudar á comunidade científica e investigadora como a achegar información á cidadanía por enteiro, foi presentada este xoves 5 na sé do Consorcio nun acto que contou coa presenza do profesor da USC Fernando López Alsina, quen afondou polo miúdo nos detalles humanos e técnicos da proposta.
A idea ten, como dixemos, o seguinte alicerce: tendo en conta o legado histórico de primeira orde de Compostela, que ferramentas serían as máis idóneas para poñelo en valor? Os traballos, que xa están en marcha cubrindo un período de catro anos prorrogable (todo indica a que será un traballo aberto e continuo no tempo), son de gran envergadura. Para comezar, o proceso (que segundo López Alsina facilita a inserción laboral de estudantes da USC vinculados á Historia e a Arquivística) xa xira hoxe arredor do tratamento e da dixitalización dos protocolos notariais, que son os documentos que mellor reflicten a vida da cidade e que, ademais, cobren un amplo período histórico: o comprendido entre o século XIII e a fin do Antigo Réxime. “Neles”, comentou López Alsina, “podemos atopar todo tipo de información, ata a que hoxe nos parece ben insólita”. E prosegue: “Con estes materiais podemos facer estudos de urbanismo, arquitectura ou socioloxía”. Ademais, sinala, aparece toda a realidade urbana de Santiago: a historia económica (os oficios, os gremios), a social (ligazóns familiares, xenealoxías) e a cultural (bibliotecas, formas de relixiosidade, encargos de misas, doazóns). Neste intre estanse a tratar uns 220 libros de documentos de notarios de número no Arquivo Catedralicio e ata 2.500 no Universitario. A cifra de imaxes que se poden consultar xa no sitio web do Universitario www.usc.es/arquivo/index.php é de máis de 1.000.000 a día de hoxe. Aí poderemos ver unha manchea de testamentos, por exemplo os redactados polos notarios do Hospital Real, documentos feitos en boa medida polos peregrinos procedentes de toda Europa e que morreron aquí.
O equipo de traballo para o desenvolvemento do Proxecto Urbe está constituído por un grupo de documentalistas e arquiveiros dirixidos polo profesor Fernando López Alsina e coordinados por Juan Conde Roa.
Na imaxe, de El Correo Gallego, a Biblioteca América da USC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?